
A SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica impulsou durante o 2009 máis de 100 medidas do Plan xeral de normalización da lingua galega (PXNLG) para fomentar o uso deste idioma. Asà o asegurou o responsable do departamento, Anxo Lorenzo, na presentación da publicación que recolle o balance do traballo realizado pola secretarÃa xeral durante o pasado ano.
O fomento da competencia en galego por parte da sociedade, o desenvolvemento da investigación sobre esta lingua, a súa dinamización social e a proxección exterior do idioma propio de Galicia fóra das fronteiras administrativas da comunidade foron as principais liñas de actuación da secretarÃa xeral, xunto con outras iniciativas como o impulso do proceso de coordinación dos poderes públicos para o fomento do galego. Boa parte das actuacións desenvolvidas nestas direccións durante o pasado ano, e que supuxeron o desenvolvemento de máis de 100 medidas do PXNLG, quedan recollidas na Memoria 2009 que vén de presentar publicamente a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica da ConsellerÃa de Educación e Ordenación Universitaria.
Máis de 300 cursos para impulsar a competencia en galego por parte da sociedade
Anxo Lorenzo destacou que o labor impulsado polo seu departamento durante o 2009 posibilitou a posta en marcha dunha importante oferta formativa en lingua galega que se traduciu na realización de máis de 250 cursos preparatorios para obter o Certificado de lingua galega en Galicia, noutras comunidades do Estado e mais en diversos paÃses de Europa e América. Asà mesmo, a secretarÃa xeral organizou o pasado ano arredor de 80 cursos de linguaxe administrativa e xurÃdica en galego para a formación do funcionariado das distintas administracións.
O secretario xeral tamén falou das iniciativas levadas a cabo para fomentar o desenvolvemento da investigación sobre lingua galega, fundamentalmente a través dos proxectos do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e da colaboración co Instituto da Lingua Galega e da Real Academia Galega.
A dinamización social da lingua galega constitúe un dos obxectivos prioritarios de PolÃtica LingüÃstica, polo que en 2009 este departamento puxo en marcha numerosas iniciativas nesta dirección, entre as que destacaron o programa Bocaberta, que levou preto de 1.000 actividades para os máis novos a máis de 250 concellos de Galicia, e as Festas e os Encontros dos Axóuxeres, un espectáculo que ten como obxectivo especÃfico favorecer a transmisión do galego nas idades máis temperás.
As axudas aos equipos de dinamización da lingua galega dos centros de ensino, a creación de novas ferramentas en galego en formato dixital ou os diversos proxectos para impulsar a incorporación desta lingua aos ámbitos empresarial e xudicial son outras das iniciativas desenvolvidas por PolÃtica LingüÃstica para a dinamización social da lingua galega. Ademais, en 2009 tamén se presentou un documento base para o decreto do plurilingüismo no ensino non universitario.
Co fin de reforzar a proxección exterior do galego, a secretarÃa xeral colaborou en 2009 cun total de 44 universidades de Europa e de América desde as que os centros de estudos galegos difundiron a lingua e a cultura de Galicia. Nesta mesma liña, posibilitou que máis de 1.000 alumnos e alumnas aprendesen galego nos centros educativos de Castela e León grazas ao protocolo de colaboración con esta comunidade, asà como noutros centros de ensino de Cataluña, Londres ou Arxentina. A secretarÃa xeral tamén participou en proxectos de promoción lingüÃstica internacionais e colaborou con institucións do Estado e da Unión para a promoción do galego desde a diversidade lingüÃstica.
Anxo Lorenzo tamén destacou na súa intervención o esforzo realizado polo seu departamento para iniciar un proceso de coordinación dos poderes públicos para fomentar a lingua galega. Froito deste labor foron os traballos iniciais para a constitución da primeira rede de dinamización lingüÃstica local, que favorecerá un marco que aspira á estabilidade común entre o espazo local e a Administración autonómica na promoción do galego.
Novos retos para a polÃtica lingüÃstica de Galicia
Anxo Lorenzo incidiu durante a presentación do balance da actividade de 2009 en que “a Xunta de Galicia continúa a asumir o deber de promover unha polÃtica de fomento e de potenciación da lingua galega en todos os ámbitos sociais, un cometido que é común para toda a sociedade e no que o Goberno galego ten o mandato de implicar o maior número de entidades e de axentes sociais”.
Entre os novos retos para a polÃtica lingüÃstica de Galicia, o secretario xeral destacou a importancia de que o seu departamento lidere o proceso de fomento do galego para “unir esforzos, coordinar iniciativas e alentar a súa aplicación”. Asà mesmo, Anxo Lorenzo incidiu na necesidade de “consolidar a consideración das polÃticas lingüÃsticas como un eixe transversal na actuación da Xunta” e de “aplicar medios e estratexias que aseguren a eficacia das actuacións e a boa receptividade e implicación da sociedade no proceso”.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.