
Santiago acollerá os días 26, 27 e 28 de marzo no Pazo de Congresos e Exposicións a undécima edición de Xuventude Galicia Net, o maior evento tecnolóxico da comunidade autónoma que reunirá a todos os participantes con seus propios ordenadores para que se poidan conectar entre eles mediante unha rede local.
Xa son máis de 1.600 mozos e mozas os que cursaron a súa preinscrición na festa que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Aínda que o prazo para anotarse xa rematou, os que se quedaron fóra poderán participar nos obradoiros deste encontro informático, xa que a gran novidade desta edición é a apertura de portas aos talleres para as persoas que non se inscribiron na Lan party (Local Area Network Party).
Con esta aposta, Xuventude Galicia Net transformarase este ano nun espazo para a aprendizaxe, xa que o público en xeral poderá acceder a obradoiros centrados en novas metodoloxías e linguaxes de desenrolo, deseño web ou software libre. Ademais, haberá obradoiros lúdicos centrados no ámbito do ocio. Estas actividades desenvolveranse durante os tres días que dura o evento e o único requisito necesario para asistir é apuntarse previamente a través da páxina web.
Tres sectores
A Lan party será, como noutras ocasións, un espazo de encontro xuvenil, de formación, de iniciación ao mundo dixital e, en definitiva, un marco ideal para o intercambio de datos e experiencias e para dar a coñecer os últimos avances tecnolóxicos e, por suposto, para a potenciación do software libre.
Xuventude Galicia Net dividirase este ano en tres sectores cun único obxectivo: a aprendizaxe e o manexo das novas tecnoloxías.
Así, o primeiro espazo, denomínase Intranet, que será o corazón da party. Para participar só é necesario levar o ordenador e alí poranse a disposición dos asistentes 40 quilómetros de cable e velocidade de conexión de 1 xigabit.
Esta zona da party non só consiste en pasar horas diante da pantalla do ordenador, xa que dentro do recinto do Palacio de Congresos tamén se disputarán concursos, campionatos e xincanas de temática tecnolóxica.
Os concursos son unha constante neste tipo de eventos. Cada ano a oferta é máis amplía e, por iso, na undécima edición os usuarios de Intranet poderán participar por primeira vez en campionatos de lanzamento de CD, dobraxe, foto, vídeo ou deseño 2D e 3D.
Con respecto aos torneos, disporase dunha web interna de xogos onde se anunciarán todas as roldas e as horas do xogo que lle toque a cada participante.
O segundo dos espazos, Extranet, supón outra forma de participar no evento. O acceso é de balde e aberto para todos os públicos. Esta zona situarase este ano no recinto exterior do Pazo de Congresos e Exposicións. Habilitarase unha carpa cuberta de 600 metros cadrados durante os tres días, onde terán lugar diversas actividades de ocio dirixidas a toda a familia.
Extranet contará como novidade nesta undécima edición cun futbolín, un toro mecánico, obradoiros de globoflexia, de defensa persoal e de esgrima antiga europea.
Entre todos os asistentes entregaranse papeletas para unha rifa na que se sortearán diferentes premios, como xogos para consolas, o domingo 28 pola mañá no auditorio do Palacio de Congresos.
Os obradoiros
Na terceira das zonas de Xuventude Galicia Net emprazaranse os obradoiros. O obxectivo de todas as actividades que se levarán a cabo neste espazo é afondar un pouco máis nas novas metodoloxías. Entre os talleres que se ofertarán destacan temáticas de fotografía, redes sociais, traballo e modelos de negocio en Internet ou traballo e modelos de negocio en Internet.
Xuventude Galicia Net non é a única party que se celebra en Galicia. De feito, existen outras a nivel rexional como é o caso da Arroutada Party da Coruña, a Kutruparty da Estrada e a Arousa Party de Vilanova.
A intención da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado é crear a longo prazo unha rede de partys galegas para xuntar os esforzos e deste xeito poñer a Galicia nos primeiros postos a nivel nacional da formación continua nas novas tecnoloxías.
SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.