
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, clausurou a XI Edición do Salón Galego de GastronomÃa e Turismo Xantar 2010, onde afirmou que a “gastronomÃa galega forma parte dunha tradición social e cultural, existindo un vÃnculo xenuÃno e indisoluble entre a nosa esencia como pobo e a nosa tradición culinaria, entre o que somos e aquelo que cociñamos e comemos”. Neste sentido, o conselleiro afirmou que “a cociña galega merece unha consideración, como a que recibe en Xantar, de verdadeiro elemento cultural”.
Roberto Varela asegurou que como galego “é un pracer ter a oportunidade de reencontrarme neste Salón cos sabores e olores da miña terra, porque as propostas máis interesantes da cociña galega son precisamente aquelas que facendo da innovación e a creatividade a súa bandeira interpretan a nosa tradición gastronómica, traballando con ingredientes e sensacións que o padal de moitos de nós asocia indefectiblemente coa nosa infancia culinaria”.
O conselleiro de Cultura e Turismo destacou a importancia que esta feira gastronómica adquiriu nas últimas edicións, “Xantar tense convertido, ó longo destes once anos de traxectoria, nun evento de referencia, non só para Galicia, senón tamén para outras rexións españolas e para os nosos veciños portugueses”. Roberto Varela definiu os grandes méritos dos responsables de Xantar como “a capacidade de xogar coas múltiples dimensións e potencialidades da nosa cociña”.
O Salón Galego de GastronomÃa e Turismo Xantar 2010, tras once edicións, consolidouse ademais de cómo evento de referencia gastronómica, como unha xuntanza multitudinaria e unha celebración colectiva da cociña galega. Roberto Varela asegurou que “mediante o impulso e a contribución económica da Xunta de Galicia e o bo traballo da organización, conseguirase tamén nesta edición unha cifra de asistentes similar á de anos anteriores, nos que unhas 20.000 persoas se achegaran a este recinto feiral”.
Doutra banda, Roberto varela recordou que a gastronomÃa galega atópase entre os grandes atractivos que fan de Galicia un destino privilexiado, e afirmou que a feira “conforma tamén un óptimo espazo de traballo e contacto para profesionais e institucións dedicados á promoción turÃstica. Xantar amosou sempre unha particular sensibilidade para, a partir da exaltación das nosas materias primas e do fomento dun servizo de calidade, contribuÃr á dinamización turÃstica de Galicia e, en particular, da cidade de Ourense”.
O titular de Cultura e Turismo, deu a súa noraboa os organizadores da feira, e incidiu tamén no especial protagonismo dedicado, neste Ano Santo e nunha edición extraordinaria do Xacobeo 2010, á gastronomÃa das diferentes rutas do Camiño de Santiago”. Para Roberto Varela “as nosas cociñas participan na integración da tradición xacobea, porque en cada rexión existen diferencias nos ingredientes, na elaboración dos pratos, nos rituais na mesa, diferencias que conflúen á fin, coma sucede cada ano en Xantar, nunha aventura gastronómica común”.
Nota de prensa del Salón Xantar 2010:
Xantar resiste a crise e pon o peche a súa 11ª edición tendo recibido en cinco dÃas máis de 20.000 visitantes e ofrecido 17.800 comidas e ceas nun dos 18 restaurantes do recinto de Expourense que ofrecÃan un total de 28 menús entre os que se podÃa degustar as distintas gastronomÃas dos camiños.
Remata asà esta edición especial adicada ó XACOBEO 2010 e a promocionar a GastronomÃa dos Camiños cuxo acto de clausura estivo presidido polo Conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, acompañado pola Secretaria Xeral para o Turismo, Carmen Pardo. O conselleiro destacou que “Xantar se consolidou como unha sede colectiva de celebración da calidade da cociña galega sendo ademais un óptimo espazo de traballo e contacto para profesionais”. Explicou ademais que nesta edición especial os camiños, a través da súa gastronomÃa, non remataron en Santiago, senón en Xantar. O Conselleiro foi un máis dos centos de persoas que durante estes cinco dÃas se achegaron ata o salón a degustar o Menú XACOBEO.
A última xornada de Xantar, que estivo adicada ó Concello da Baña e a Viseu, comezou cun obradoiro infantil sobre refrescos onde os cativos aprenderon a diferencias os produtos naturais dos artificiais. Os obradoiros de cociña impartidos hoxe versaron sobre a cociña do Camiño Mozárabe impartido polo profresor do Centro de Formación de HostalerÃa de Ourense, Daniel Guzmán, e outro sobre “Cociñas con encanto” a cargo do restaurador do Grupo Gourmand Galicia, Javier Torcuati. Pola súa parte, o Concello da Baña ofreceu desgutación de Filloa á Pedra e convidou aos visitantes a asistir a Festa da Filloa que terá lugar neste concello o 21 de marzo.
Coas actividades de hoxe remataba o V Encontro sobre Dieta e Saúde que ofreceu ó longo de cinco dÃas un completo programa de conferencias e unha trintena de obradoiros de cociña en directo, degustacións e catas nas que participaron máis de 2.400 asistentes.
Este encontro contou coa participación de 73 relatores, expertos en distintos campos vencellados coa saúde e o turismo gastronómico, procedentes de Galicia, das comunidades convidadas (AndalucÃa, Asturias, Canarias e Estremadura) e dos tres paÃses convidados ata o momento no salón (México, Portugal e A Arxentina). Entre estas actividades destacaron os obradoiros e exhibicións de cociña en directo no que participaron prestixiosos chefs e que estiveron coordinados polo Centro de Formación de HostalerÃa da Provincia de Ourense.
Con estes datos Xantar cumpre o seu obxectivo de promociona Galicia no Ano Santo xa que o Salón contou coa visita de centos de veciños das comunidades convidadas, en especial daquelas máis próximas como Portugal e Asturias.
A vindeira cita en Expourense terá lugar xa no mes de maio con Previsel, Salón da Prevención e Seguridade Laboral e coa celebración da IV Xornada de Divulgación das EnerxÃas Renovables os dÃas 12 e 13.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.