
Santiago acolle no Monte do Gozo o curso presencial para os coordinadores do programa Voluntariado Xacobeo 2010, unha iniciativa que porá en marcha o Goberno galego con motivo do Ano Xanto. O obxectivo da acción formativa, á que acudirán un total de 25 coordinadores, é establecer as bases de funcionamento e coordinación entre todas as persoas que traballarán no devandito programa.
O curso, que organiza a ConsellerÃa de Traballo e Benestar, comeza cunha presentación en xeral da iniciativa, que correrá a cargo do director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro Tato.
Na primeira xornada do curso daranse diversas conferencias ao longo de todo o dÃa sobre temáticas diferentes. AsÃ, a coordinadora do programa Voluntariado Xacobeo 2010 Galicia, Beatriz Barbeito, exporá a función dos coordinadores do programa e os seus campos de actuación; o experto en programas de Xuventude e Voluntariado, Roberto Fernández Cartón, centrarase no ámbito lexislativo e falará sobre a Lei do Voluntariado e so dereitos e deberes do voluntario, do coordinador e da administración e o periodista Cristóbal Ramirez disertará sobre a experiencia dos peregrinos.
Ademais, haberá varios relatorios sobre os protocolos de actuación a seguir en caso dunha emerxencia e as principais normas de seguridade viaria no camiño. Ao respecto, o xefe do servizo de Protección Civil, dependente da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Pedro Luis Sánchez, ofrecerá unha conferencia sobre a prevención e recomendacións, asà como os ámbitos de actuación. O obxectivo é buscar a máxima coordinación entre os voluntarios do programa autonómico e as persoas de Protección Civil que habitualmente están ao pe do camiño.
O curso rematará con dúas ponencias. A primeira centrarase nunha explicación sobre outros programas levados a cabo por voluntarios e a segunda versará a cerca da actuación ante os medios de comunicación.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.