
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou o libro El Camino de Santiago. Cultura y pensamiento do historiador Francisco Singul, responsable da Área de Exposicións da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. Roberto Varela definiu ao volume de Francisco Singul como unha obra “valiosa e necesaria” para “coñecer a nosa historia, a evolución histórica deste complexo e apaixonante fenómeno xacobeo” que vainos servir para “comprender mellor a súa vixencia actual, e para tomar as decisións máis adecuadas e acordes á súa esencia”.
A presentación, que tivo emprazo na Fundación Torrente Ballester contou coa presenza da directora cultural da Fundación, Carmen Becerra, o representante de Edicións Bolanda, Antonio Couto e o propio escritor e historiador, Francisco Singul.
O conselleiro de Cultura e Turismo describiu o volume de Singul como unha obra “significativa e de valor incalculable dentro dos estudos do fenómeno Xacobeo”. Ao fío da obra, o titular de Cultura destacou como obxectivo do Goberno galego de “aproveitar a potencialidade do Xacobeo” tocante ao “crecemento turístico, promoción cultural e impulso económico” sen esquecer a “esencia xacobea, a súa espiritualidade ecuménica e o ideal de integración europea que fixo posible”.
Respecto da autoría da obra, Roberto Varela lembrou o seu “incansable traballo de investigación e divulgación” e cualificou a Singul como “a persoa máis adecuada” para a construción deste exemplar. Na súa intervención, o conselleiro describiu ao autor, Francisco Singul, como “un dos grandes expertos internacionais sobre a materia” acreditado polas súas “numerosas publicacións, a súa participación en múltiples foros e o seu espléndido labor no Departamento expositivo da Sociedade de Xestión do Xacobeo”.
Na súa referencia ao historiador, escritor e responsable da Área de Exposicións do Xacobeo, Roberto Varela valorou a virtude de Singul respecto á “capacidade de afrontar o fenómeno xacobeo en toda a súa complexidade, cun enfoque amplo e consciente das dimensións históricas, culturais, artísticas, relixiosas e espirituais do Camiño”.
La situación interna de los dos partidos de la oposición en Galicia, el BNG y el PSdeG, sigue siendo complicada. El nuevo candidato nacionalista a la Xunta, Francisco Jorquera, dice que Beiras o Aymerich deberían seguir en el BNG y que Galicia no puede permitirse dos nacionalismos. El secretario general del PSdeG hace un llamamiento a los críticos para que se integren.
La Xunta de Galicia homenajea el miércoles 8 de febrero al intelectual gallegista Isaac Díaz Pardo con un acto en la Cidade da Cultura que está presidido por el titular del Gobierno gallego, Alberto Núñez Feijóo. Desde el fallecimiento de Díaz Pardo, el Gobierno gallego y la familia colaboraron en la organización de este homenaje.