Notas de prensa

A Orquestra Panorama presenta a Xira do Xacobeo

A S.A. de Xestión do Xacobeo promove esta iniciativa que levará as actuacións da Orquestra Panorama, que empezou a actuar o 25 de decembro de 1978, a máis de 200 vilas galegas durante todo o Ano Santo 2010. A xira arranca o 12 de marzo en Bembribre.

A Orquestra Panorama presenta no Teatro Principal de Santiago, A Xira do Xacobeo, que levará a esta formación a máis de 200 poboacións galegas durante este Ano Santo. A Consellería de Cultura e Turismo, a través da S.A. de Xestión do Xacobeo, promove esta xira que levará as actuacións da Orquestra Panorama a máis de 200 vilas galegas durante todo o Ano Santo 2010. Xacobeo 2010 participa deste xeito nunha das celebracións máis populares de Galicia como son as orquestras musicais, que cada ano congregan a máis público sen importar a idade, o tipo de poboación ou a clase social.

A gala de presentación está conducida por Javi Rocha, coñecido reporteiro da Televisión de Galicia, que enche de espontaneidade e humor un acto onde a Orquestra Panorama mostra aos seus seguidores o seu novo espectáculo, no que aposta pola música de calidade adaptada ás súas actuacións. A posta en escena desta formación é coñecidas pola súa espectacularidade, e este ano, incorpora novos formatos como proxeccións audiovisuais rodadas en diferentes lugares de Galicia.

Nesta presentación, a orquestra formada por 13 músicos, presenta as súas dúas novas cantantes, ofrece un avance dos pormenores do seu novo espectáculo e mostra as interioridades da vida dunha orquestra. Deste xeito, os músicos de Panorama contan anécdotas de xiras anteriores e responden ás preguntas do público.

Actuacións en máis 200 vilas

O primeiro concerto da xira celebrarase o 12 de marzo en Bembibre (Val do Dubra), e a partir de aí a orquestra percorrerá máis de 200 localidades galegas. Así, ao longo deste ano a formación musical ofrecerá concertos en Coirós, Negreira, Vigo, Santiago, Ribadeo, Boqueixón, Noia, etc.

A organización xa confirmou para esta noite a presenza de seguidores de toda Galicia pero tamén de Madrid, Ãvila, Zaragoza, Asturias e Portugal, no que será a festa presentación da Xira do Xacobeo Panorama 2010. A continuación, a partir das 12.30 da noite, haberá unha festa para os fans na Sala Capitol.

Doutra banda, esta noite anunciarase a celebración, o 30 de abril en Ordes, igual que o ano anterior, da III Gala Contra o Cancro. Na edición do ano pasado, preto de 50.000 persoas acudiron a ver este espectáculo, no que os músicos de Panorama compartiron escenario con artistas do talle de David Bisbal, David Bustamante, Marta Sánchez ou Carlos Baute.

A Orquestra Panorama actuou por primeira vez o 25 de decembro de 1978. Dende entón ofreceron multitude de concertos converténdose nun dos referentes deste tipo de formacións non só en Galicia, senón tamén en España.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, 2010-02-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES