Notas de prensa

Paco Pestana exhibe no Centro Cultural da Deputación de Ourense o seu universo excéntrico e feliz

Paco Pestana é feliz. Despois de trinta anos percorrendo o mundo, empapándose de experiencia e de bos e malos consellos, este singular artista chega ao Centro Cultural de Ourense cunha obra excéntrica, complexa e ao mesmo tempo chea das xenialidades que só un creador xeneroso coa creatividade pode ofrecer.

Presentouse o catálogo e a exposición Así será... Unha vaquiña pequena o leite que dá, que este artista galego ofrece no Centro Cultural ata o vindeiro 4 de abril. Unha mostra escultórica mesturada en ocasións coa técnica da pintura, que amosa enxeños mecánicos de madeira convertidos en animais ou simplemente creacións que colocan ao visitante ante unha explosión de creatividade, fronte da cal nada pasa desapercibido.

No acto de presentación, o presidente da Deputación José Luis Baltar, dixo que neste caso “tan importante é coñecer a obra como o autor, pola desbordante personalidade que ten Paco Pestana”. Baltar engadiu que Pestana “é un artista cun mundo propio, cun universo particular que ten a Galicia coma un referente básico para crear ese mundo infinito onde a imaxinación reina coma unha diosa incuestionable”.

Pola súa banda o artista fixo un percorrido pola súa biografía, explicando que as experiencias de máis de trinta anos percorrendo o mundo marcárono en todos os sentidos “contribuíndo a canalizar a miña creatividade e permitíndome ter aquelo que máis desexa un artista: liberdade para crear a súa obra”.

Francisco González, director do Centro Cultural da Deputación, dixo que Pestana “é un artista apegado á súa terra a ás súas costumes”, e definiuno coma “prolífico, excéntrico, xeneroso e explorador de si mesmo; Pestana é un escultor de culto e un poeta, un provocador para o enxeño que pon a disposición dos ourensáns unha exposición singular da que todos disfrutaremos”.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense, 2010-02-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES