
O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, falou durante a comparecencia parlamentaria solicitada a petición propia de normalidade no proceso de implantación da TDT en Galicia, que se está a desenvolver desde o pasado 18 de xaneiro e que na xornada de onte remataba as fases I e II, achegando a televisión dixital a máis de 1.500.000 galegos de 203 concellos.
Para Cabaleiro este é “un cambio tecnolóxico histórico que ten como protagonistas principais aos cidadáns e o sector das telecomunicacións e que permitirá facer un desenvolvemento sostible da banda larga en todos os concellos de Galicia nos vindeiros anos”. Sinalou que o Goberno galego “tivo que executar en poucos meses un plano de despregamento de centos de centros emisores, cumprindo os obxectivos previstos, con ritmo e realismo, coa máxima cobertura e igualdade xeográfica, un apagado analóxico que resulta xa imparable e unha nova dixitalización televisiva que, como responsables polÃticos, debemos garantir, non permitindo nisto un novo retraso histórico.”
En canto ao desenvolvemento do proceso, Alfonso Cabaleiro afirmou que se están a cumprir os obxectivos previstos sen obviar as incidencias que se están a resolver no menor tempo posible. Neste sentido, situou como obxectivo prioritario do Goberno galego achegar o sinal de televisión a todos os cidadáns da Comunidade “sen importar a súa situación económica nin a zona onde vivan”. Lembrou que as incidencias de carácter técnico estanse a solventar coa maior celeridade posible aÃnda que nalgúns casos máis complexos se precisan dÃas para resolvelas definitivamente. Por iso, o secretario xeral quixo “agradecer aos cidadáns a súa comprensión e o recoñecemento a todos os técnicos que traballaban dÃa e noite e en medio de temporais no proceso de implantación da TDT.”
Coberturas e satélite
A cobertura prevista para a TDT en Galicia é do 98%, aÃnda que segundo os datos recabados a cobertura real está ser maior que a planificada. A solución para ese 2% aproximado de poboación ubicado en zonas con dificultades para acceder á televisión dixital terrestre, ao estar en zonas dispersas e illadas, é a plataforma satelital. O secretario xeral de Medios lembrou que se están a estudar fórmulas de colaboración cos concellos para facilitar os acceso a este servizo a cidadáns sen recursos e a colectivos en risco de exclusión social.
Coordinación
Cabaleiro definiu a implantación da TDT como un proceso moi complexo tecnicamente no que “foi fundamental a coordinación entre administracións e, agás casos moi especÃficos, a colaboración de todos os concellos foi excepcional”. O responsable de Medios da Xunta afirmou que, como xa indicara nunha comparecencia anterior, o proxecto non serÃa viable sen a cooperación dos concellos poñendo a disposición do Goberno autonómico e do Ministerio as infraestruturas necesarias. Esta colaboración tivo como primeiro paso unha labor de información explicando, primeiro no Parlamento, na Fegamp e nas Deputacións o proceso para, a continuación informar concello a concello, da fórmula elixida para o despregamento da TDT, tanto vÃa postal como mediante xuntanzas cos alcaldes das diferentes provincias e Ãreas Técnicas.
Campaña informativa
No ámbito da divulgación, o secretario xeral fixo fincapé no “esforzo informativo para que ningún galego poida sentirse discriminado nun aspecto tan importante que marcará o futuro tecnolóxico de Galicia e a vida diaria e o ocio dos cidadáns galegos”. Lembrou que desde o mes de agosto levouse a cabo unha campaña de comunicación nos medios, prensa escrita, radio e televisión, mediante roldas de prensa nas Ãreas Técnicas onde se foi presentado o plan de acendidos dixitais, intensificándose a medida que se achegaban as datas do apagado analóxico.
Para informar aos cidadáns formouse ás operadores/as do teléfono de información da Xunta 012 e potenciouse este servizo en previsión do incremento de chamadas relacionadas coa TDT, que algúns galegos xa viñan realizando a este número. Asà mesmo, desde o teléfono da oficina da TDT se xestionaron as labores de información e coordinación cos concellos, empresas instaladoras e a solución de problemas complexos, un servizo que se reforzou e que operou tamén nas fins de semana.
O responsable de medios da Xunta falou de ata 1000 chamadas ao dÃa ao 012 nas primeiras xornadas, que se foron reducindo ata unha media de 220. En canto ao tipo de requerimentos dos usuarios a maiorÃa foron de carácter informativo, sobre a cobertura, a data do apagado do seu concello, orientación de antenas, instaladores autorizados e problemas de sintonización de manexo do mando a distancia. No ámbito da campaña divulgativa, Alfonso Cabaleiro quixo mencionar o “importantÃsimo papel” xogado polos medios de comunicación, especialmente a televisión e a radio galegas, que entenderon este asunto como unha información de servizo público.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.