Notas de prensa

Feijóo di que o Plan Estratéxico Tecnolóxico Global rematará coas illas tecnolóxicas por consellerías

Cualifica este plan de “ambicioso” e asegura que suporá un paso máis para mellorar o funcionamento interno da Administración e a atención exterior. Lembra que, nos últimos nove meses, o Goberno puxo en marcha un Plan TIC de medidas urxentes e outro de banda larga cun investimento de 102 millóns de euros.

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, salientou que o Plan estratéxico tecnolóxico global da Xunta terminará coas “illas tecnolóxicas” por consellerías. “Será un plan para toda a Xunta; no que todos os departamentos responderán a unha única supervisión e terán que respostar aos mesmos criterios de compra e mantemento dos programas informáticos”, explicou o mandatario autonómico, quen asegurou que este era obxectivo da creación da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, dependente da Presidencia da Xunta.

Núñez Feijóo salientou que se trata dun plan ambicioso, pioneiro na Xunta e que supón un paso máis na programación en materia tecnolóxica. “É unha estratexia para ser máis útiles, sobre todo aos cidadáns, que poderán ter un contacto máis directo coa Administración a través das novas tecnoloxías; ás empresas e aos emprendedores que poderán realizar trámites que antes levaban días en minutos; e aos traballadores públicos que poderán alixerar o seu traballo e acadar unha maior eficiencia”, resumiu.

O presidente galego subliñou, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, as actuacións acometidas nestes últimos 9 meses no eido das novas tecnoloxías, entre as que destacou a aprobación dun Plan TIC de medidas urxentes e dun Plan director de banda larga, cun investimento de 102 millóns de euros. Así mesmo, Feijóo salientou a posta en marcha dun novo portal web, o acordo coa Fegamp e as deputacións en materia de E-goberno e as melloras tanto no funcionamento interno da Administración con actuacións como o rexistro telemático, como na atención exterior coa factura e a licitación electrónica e o prazo de 45 días para abonar os pagos pendentes.

Celeridade no pago como garantía de calidade na asistencia xurídica gratuíta
O presidente galego deu conta da aprobación, no Consello da Xunta, dos últimos pagos pendentes cos avogados e os procuradores de asistencia xurídica gratuíta. Feijóo explicou que o Goberno galego pagará preto de 10 millóns de euros a estes profesionais, e salientou que a celeridade no pago é a garantía que pode dar o Goberno galego para que os avogados e os procuradores teñan o máximo interese en defender aos seus representados como se fosen clientes que pagan directamente as súas minutas.

Feijóo asegurou que o ano pasado 52.750 persoas utilizaron este servizo de asistencia xurídica gratuía, o que supuxo un 6% máis, e un investimento un 12% superior ao do exercicio anterior. “Hoxe, en xaneiro de 2010, deixamos regularizados todas as débedas que nos atopamos en materia de xustiza gratuíta”, recalcou.

5 novas cesións de centros de saúde

Na súa comparecencia, o mandatario galego resaltou o compromiso do seu Goberno de avanzar no Pacto Local que, desta vez, se pon de manifesto coa cesión que os concellos de Muxía, Láncara, Pontecesures, Ponte Caldelas e Soutomaior fan ao Servizo Galego de Saúde das parcelas nas que están situados os seus centros de saúde.

Coa cesión, dixo, a Xunta acepta outros cinco novos centros de saúde desde o punto de vista do financiamento, a enerxía, os custes de mantemento e combustible, con cargo aos orzamentos da Xunta de Galicia, apuntou o presidente. Polo tanto, agregou, “hoxe seguimos cumprindo ese compromiso e xa son 21 centros de saúde os que está financiando a Xunta de Galicia aos distintos concellos”.

Axudas á Mariña e un sistema de predicción de asolagamentos

Feijóo deu conta da autorización por parte do Goberno galego dun investimento de 100.000 euros para as zonas máis afectadas polas chuvias do último fin de semana na comarca da Mariña, concretamente no Concello de Xove. O mandatario galego asegurou que esta partida se destinará a repoñer ás pontes derrubadas polas enchentas e para limpar as bacías dos ríos.

O titular da Xunta adiantou, ademais, que o Goberno galego está a desenvolver un estudo pormenorizado de cada un dos ríos de Galicia para detectar os seus puntos máis sensibles, e a súa capacidade hidráulica e predecir, así, os asolagamentos, a través dun sistema denominado Artemis. “Permite tomar decisións en determinados puntos para actuar preventivamente e saber onde hai máis risco”, explicou.

Dereitos dos propietarios e seguridade para os emprendedores na acuicultura
O presidente galego referiuse, por último, a autorización dunha nova modificación do Plan galego de acuicultura coa que, segundo dixo, seguir apostando por este sector e polo seu desbloqueo.

Así, Feijóo explicou que a modificación consiste en cambiar o sistema de acceso á propiedade de maneira que coexistan dúas vías: a do anterior plan, a da expropiación forzosa, e a da compra en común acordo co propietario, que agora se incorpora. “Buscamos unha dobre vía para poder facer efectivos os dereitos dos propietarios e salvagardar, tamén, a seguridade xurídica que debe ter unha empresa que fai un investimento que só vai recuperar a longo prazo”, recalcou.

O titular da Xunta asegurou que este novo sistema incrementará a seguridade dos investimentos ao non someter ás instalacións a un sistema de concesión administrativa cun límite de anos, ademais de protexer os dereitos dos propietarios, de tal xeito que si o dono dunha parcela non quere vender, teña o dereito a non facelo. “Só en casos extraordinarios procedería a Administración á expropiación. Os terreos perténcenlle aos propietarios, e só cando a maioría dos donos xa venderan e queden anacos libres poderá utilizarse o sistema de expropiación”, explicou.

O presidente galego abondou, tamén, en que calquera empresa que adquira terreos para construír unha planta acuícola non poderá adicar as parcelas a outro uso. “É evidente”, concluíu.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2010-01-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (caixagalicia_caixanova_dir3.jpg) El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ha anunciado que su Gobierno remitirá al Parlamento gallego un proyecto de ley para modificar la Ley de Cajas de Galicia -que introduce una disposición transitoria- para su aprobación "inmediata" con el objetivo de dar "seguridad jurídica" a la fusión de Caixa Galicia y Caixanova, que "deberá estar operativa" el 1 de diciembre de 2010.
Foto de la tercera plana (arcade_fire.jpg) Un total de 316 personas "velarán por la seguridad" del MTV Galicia 2010 que reunirá, el domingo, día 5 de septiembre, en el Monte do Gozo de Santiago de Compostela, a unos 25.000 asistentes para disfrutar de los conciertos que ofrecerán los grupos Arcade Fire, Echo & The Bunnymen, The Temper Trap y los gallegos Cornelius 1960, en el marco del Xacobeo 2010.

Notas

A convocatoria para o curso escolar 2010-2011 ten unha dotación orzamentaria de 800.000 euros e está dirixida aos centros de titularidade pública de Galicia para o fomento do uso do galego nas aulas.
A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Mar Pereira, cualifica de "ambiciosos pero alcanzables" os obxectivos da Axenda Dixital de Galicia para acadar un crecemento sostible e converxer con Europa 2020 a través das TIC. 2014.gal foi presentado no 49º Congreso FITCE.
AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Emancipación: As cambiantes condicións de vida reflíctense día a día na sociedade, sendo ...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoci�n Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información