Notas de prensa

O BNG conmemora o 60º cabodano de Castelao en Rianxo

No acto de lembranza do histórico galeguista, o voceiro do BNG Guillerme Vázquez cargou contra o decreto do galego da Xunta de Galicia asegurando que por primeira vez o Goberno galego lexisla contra o idioma do país.

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, destacou en Rianxo, no acto convocado para conmemorar o 60 cabodano de Castelao, que a dignidade e a entrega do autor do Sempre en Galiza á causa nacional galega “permitiron que Galiza puidese equiparar o seu Estatuto aos de Euskadi e Catalunya, mentres que quen nos goberna é responsábel de ter rebaixado este estatus, ao ter vetado o impulso do novo Estatuto para expulsarnos da liga das nacións”. “Proseguiremos a reclamar un Estatuto que contemple o recoñecemento á plurinacionalidade do Estado, queremos un Estatuto de primeira e non aceptaremos que Galiza perda rango institucional”, sinalou.

O líder do BNG cargou contra o Decreto Feijóo: “Por vez primeira, o Goberno galego lexisla contra o idioma do País”. “O Goberno galego existe para protexer a lingua propia do País. Así o indica o propio Estatuto. No canto de cumprir coas súas obrigas, o Goberno Feijóo continúa potenciando o castelán, en detrimento do galego”, engadiu.

“O nacionalismo, como en tempos de Castelao, é a alternativa, plural e posíbel, para contribuír a vertebrar este País, que queremos lexitimamente gobernar”, sinalou. “Reclamamos que o conxunto da obra de Castelao sexa declarado Ben de Interese Cultural”, afirmou o portavoz nacional. “Neste homenaxe no seu 60 cabodano reafirmamos o compromiso dos nacionalistas con Galiza”, dixo.

“Non podemos agardar nada do Goberno de Feijóo cando están 223.000 persoas en paro, con aplicación de receitas neoliberais e logo de case un ano de Goberno segue sen asumir responsabilidades; foron meses de Goberno perdidos xa que só se centraron en paralizar as medidas positivas para o noso País adoptadas pola Xunta anterior”, indicou.

“Na mensaxe de Nadal, Feijóo dixo confiar no Ano Xacobeo para solucionar os problemas, pero aos santos non se lle pode pedir que substitúan a capacidade dun Goberno”, dixo o portavoz nacional. “Non fixo referencia aos problemas dos parados e paradas, nin dos traballadores, nin da necesidade dun financiamento autonómico xusto e suficiente; pero si se centra en facer do galego unha lingua marxinal no noso País”, engadiu.

POLÍTICA GALEGA VERSUS CENTRALISMO

“O BNG seguirá a afrontar a dupla crise, económica e política, porque cremos que outra Galiza é posíbel”, dixo. “Faremos política galega ao servizo dos intereses do País fronte ás propostas centralistas doutros que non solucionan os nosos problemas; e fronte aos cantos de serea que nos chaman a resignarnos, ergueremos a bandeira do compromiso con Galiza e a bandeira do orgullo do idioma, sen complexos”.

Con respecto ás caixas de aforro, dixo que o BNG non vai ficar impasíbel “fronte ao interese centralista de deslocalizar as caixas para logo privatizalas, pois queremos que o aforro dos galegos e galegas contribúa a dinamizar a economía produtiva do País”.

Na presidencia semestral europea que ostentará Zapatero, “demandaremos solucións para os problemas do sector lácteo, para a política común da pesca e para o levantamento do veto aos estaleiros de Ferrol”. “Vimos a reconversión de Zapatero cando antes criticou a foto de Aznar nas Azores e retirou as tropas de Iraq, mentres agora, despois de sacar a foto con Obama na Casa Blanca, segue a enviar tropas a Afganistán. Nós, os nacionalistas, seguimos demandando a retirada das tropas de Afganistán”.

EMPREGO

No relacionado coa crise económica e co paro, o portavoz nacional do BNG sinalou que defende “outro modelo económico baseado na economía produtiva e non especulativa, logo de atravesar as consecuencias dun modelo neoliberal fracasado, e agora cómpre facerlle fronte á crise do sector pesqueiro e do sector lácteo, con políticas comprometidas e decididas para buscarlle unha solución de futuro”.

O BNG reclama tamén medidas efectivas para a frota galega e para as pequenas e medianas explotacións agrarias, abocadas a unha reestruturación a causa da crise, cando son piares básicos e estratéxicos da economía do noso País.

Gabinete de Comunicación do BNG, 2010-01-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (manuel_baltar_baston.jpg) Manuel Baltar Blanco ha tomado el relevo de su padre al frente de la Diputación de Ourense con un discurso en el que ha reivindicado el "ourensanismo" y el "galleguismo" y en el que ha situado la creación de empleo como su "objetivo principal" al frente de esta institución, que José Luis Baltar Pumar presidió durante los últimos 22 años.
Foto de la tercera plana (real_academia_galega_encontro.jpg) El conselleiro de Educación e Cultura de la Xunta, Xesús Vázquez, en la que fue su primera visita institucional a la Real Academia Galega (RAG), ratificó el compromiso del Gobierno gallego con esta institución durante el año 2012 en que se conmemora el Año Celso Emilio Ferreiro, tras el acuerdo alcanzado en el Parlamento de Galicia.

Notas

Academia Galega do Audiovisual, Igape e Consorcio Audiovisual promoven a master class de Félize Frappier que analiza o funcionamento do mercado de Canadá, a internacionalización do audiovisual e presenta un caso práctico sobre estratexias.
Así o definiu o conselleiro de Cultura que participou no acto de peche oficial deste evento que rematou cun programa de actividades profesionais moi completo. O paquete tren, unha das novidades, posiciona a Ourense como destino de proximidade con cidades como Santiago e A Coruña.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

A crise e os políticos: As palabras de Emilio Botín a pasada semana chamaron poderosamente a atenci...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania