Notas de prensa

A Xunta e o Igape abren as portas do futuro a Montoto

Máis de tres horas de xuntanza foron precisas para lograr un acordo coas entidades financeiras que decidiron apoiar o plan de viabilidade da firma textil Montoto, logo das negociacións propiciadas pola Xunta e o Igape.

O esforzo negociador da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e o Instituto Galego de Promoción Económica permitiu, despois dunha reunión de máis de tres horas, alcanzar un acordo coas entidades financieiras para o apoio ao plan de viabilidade da firma textil Montoto.

Así o indicou hoxe o conselleiro de Economia e Industria, Javier Guerra Fernández, quen engadiu que as entidades financieiras acudirán de inmediato ao xulgado para formalizar a súa sinatura e acadar así o levatamento do concurso de acreedores, que permitirá “salvar un número moi importante de postos de traballo nun sector que o Goberno da Xunta de Galicia considera estratéxico”, segundo apuntou o conselleiro.

Javier Guerra quere destacar que a firma textil Montoto é unha empresa acreditada para o futuro, tal e como demostran os últimos apoios do seu departamento, e mais concretamente do Igape e de Xesgalicia. O Consello da Xunta de Galicia autorizou recentemente a concesión de avais por importe máximo de 5,8 millóns de euros, no marco dunha operación que contribuirá a impulsar a continuidade da firma no futuro, ao facilitar o refinanciamento a 11 anos, con catro de carencia, da totalidade da débeda que a empresa tiña garantida polo Instituto dependente da Consellería de Economía e Industria.

Con esta medida de apoio financeiro, unida á recente concesión dun préstamo participativo por Xesgalicia de 1,35 millóns de euros, aprobado o pasado 4 de novembro e tamén destinado a apoiar o plan de viabilidade que Montoto ten en marcha, deuse un paso fundamental para que agora poida procederse ao levantamento do vixente concurso de acredores e clarexar así o futuro desta importante firma téxtil.

Co refinanciamento da débeda avalada polo Igape e o apoio aprobado por Xesgalicia déronse pasos significados, que hoxe fructificaron, no desenvolvemento do plan de viabilidade de Géneros de Punto Montoto que, xunto co refinanciamento de débedas, contempla accións como a adecuación do cadro de persoal, que poderá medrar de novo a medio prazo, a medida que aumente a actividade da empresa. O plan de viabilidade tamén contempla a reducción dos gastos operativos da empresa, xunto con accións comerciais encamiñadas a incorporar novas liñas de produto e mellorar as existentes.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2009-12-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (caixagalicia_caixanova_dir3.jpg) El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ha anunciado que su Gobierno remitirá al Parlamento gallego un proyecto de ley para modificar la Ley de Cajas de Galicia -que introduce una disposición transitoria- para su aprobación "inmediata" con el objetivo de dar "seguridad jurídica" a la fusión de Caixa Galicia y Caixanova, que "deberá estar operativa" el 1 de diciembre de 2010.
Foto de la tercera plana (arcade_fire.jpg) Un total de 316 personas "velarán por la seguridad" del MTV Galicia 2010 que reunirá, el domingo, día 5 de septiembre, en el Monte do Gozo de Santiago de Compostela, a unos 25.000 asistentes para disfrutar de los conciertos que ofrecerán los grupos Arcade Fire, Echo & The Bunnymen, The Temper Trap y los gallegos Cornelius 1960, en el marco del Xacobeo 2010.

Notas

A convocatoria para o curso escolar 2010-2011 ten unha dotación orzamentaria de 800.000 euros e está dirixida aos centros de titularidade pública de Galicia para o fomento do uso do galego nas aulas.
A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Mar Pereira, cualifica de "ambiciosos pero alcanzables" os obxectivos da Axenda Dixital de Galicia para acadar un crecemento sostible e converxer con Europa 2020 a través das TIC. 2014.gal foi presentado no 49º Congreso FITCE.
AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Emancipación: As cambiantes condicións de vida reflíctense día a día na sociedade, sendo ...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoci�n Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información