Notas de prensa

As autoestradas de titularidade galega non subirán as peaxes en 2010

A Xunta de Galicia comezará a aplicar no primeiro trimestre de 2010 a rebaixa das peaxes nas autoestradas galegas, con descontos aos usuarios que poderán chegar ata o 50%, en cumprimento do compromiso acadado polo Goberno galego.

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, presidiu o acto de posta en servizo do enlace de Sabarís coa auto estrada do Val Miñor, a AG-57. Hernández, que estivo acompañado pola Delegada Territorial de Vigo, Lucía Molares, e polo alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, lembrou que este enlace permitirá circunvalar Baiona sen peaxe, evitando o tránsito polo centro da poboación dos vehículos que proveñen da estrada PO-552, que une Vigo con Baiona e A Guarda. Deste xeito, a localidade verá aliviado o intenso tráfico que se rexistra na actualidade.

A Xunta de Galicia está a investir case 23 millóns de euros nos novos ramais de enlace da Autoestrada do Val Miñor, dos cales 4,3 millóns corresponden ao ramal de Sabarís; 6,4 millóns de euros ao acceso a Porto do Molle; 7,4 millóns de euros ao enlace de Nigrán; e 6,3 millóns de euros ao enlace da Ramallosa.

Rebaixa das peaxes

Agustín Hernández aproveitou o acto para anunciar que nas autoestradas de titularidade autonómica –A Coruña-Carballo (AG-55) e Vigo-Baiona (AG-57)- non se aplicará incremento de peaxe en 2010, e en concreto nos tramos Vigo. En concreto, nos treitos Vigo-Nigrán da AG-57 e Paiosaco-Laracha, da AG-55, o custe dos percorridos reducirase un 10%.

Tamén explicou que a Xunta de Galicia comezará a aplicar no primeiro trimestre de 2010 a rebaixa das peaxes nas autoestradas galegas, “o que significa que, en menos de un ano dende a toma de posesión, o actual Goberno galego cumprirá co seu compromiso de aplicar descontos importantes aos usuarios, que poderán chegar ata o 50% do importe que os cidadáns teñen que pagar”.

Novo enlace de Sabarís

As actuacións no enlace posto en servizo hoxe completan con dúas novas vías os dous ramais xa existentes en Sabarís. Deste xeito, permítense os movementos que non eran posibles ata o momento: Baredo-Baiona e Baiona-Baredo.

Coa posta en servizo deste enlace a vila de Baiona conta cunha nova vía de circunvalación que evita o tránsito polo centro da poboación do tráfico que ven da estrada PO-552. Con esta actuación veranse directamente beneficiados case 12.000 habitantes do concello de Baiona, así como os milleiros de automobilistas que usan habitualmente a vía, número que se verá incrementado nas épocas estivais pola gran afluencia de visitantes nesta zona de Galicia.

O novo ramal do enlace de Sabarís será a primeira mellora que se porá en servizo para incrementar a funcionalidade da AG-57. Os dous novos ramais suman 1,5 quilómetros e supuxeron a construción dun viaduto e dun paso inferior. O proxecto realizado tamén contemplou a mellora da capa de rodadura dos ramais existentes.

Características técnicas

Trátase dun enlace tipo trompeta. Os dous novos ramais corresponden aos números 2 e 3 (ver gráfico). O ramal 2 conta cunha lonxitude de 960 metros; cun viaduto de 155 metros de lonxitude e 5 vanos e un paso inferior. O terceiro ramal ten 484,05 metros de lonxitude, un radio máximo de 630 metros e unha pendente máxima do 8%. Os dous ramais xa existentes, que foron remodelados, suman aproximadamente 900 metros.

O resto dos enlaces da AG-57 que neste momento atópanse en execución, poñeranse en servizo no segundo trimestre do vindeiro ano, menos o enlace da Ramallosa, que ten previsto o seu remate no mes de febreiro do 2010.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, 2009-12-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (caixagalicia_caixanova_dir3.jpg) El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ha anunciado que su Gobierno remitirá al Parlamento gallego un proyecto de ley para modificar la Ley de Cajas de Galicia -que introduce una disposición transitoria- para su aprobación "inmediata" con el objetivo de dar "seguridad jurídica" a la fusión de Caixa Galicia y Caixanova, que "deberá estar operativa" el 1 de diciembre de 2010.
Foto de la tercera plana (arcade_fire.jpg) Un total de 316 personas "velarán por la seguridad" del MTV Galicia 2010 que reunirá, el domingo, día 5 de septiembre, en el Monte do Gozo de Santiago de Compostela, a unos 25.000 asistentes para disfrutar de los conciertos que ofrecerán los grupos Arcade Fire, Echo & The Bunnymen, The Temper Trap y los gallegos Cornelius 1960, en el marco del Xacobeo 2010.

Notas

A convocatoria para o curso escolar 2010-2011 ten unha dotación orzamentaria de 800.000 euros e está dirixida aos centros de titularidade pública de Galicia para o fomento do uso do galego nas aulas.
A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Mar Pereira, cualifica de "ambiciosos pero alcanzables" os obxectivos da Axenda Dixital de Galicia para acadar un crecemento sostible e converxer con Europa 2020 a través das TIC. 2014.gal foi presentado no 49º Congreso FITCE.
AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Emancipación: As cambiantes condicións de vida reflíctense día a día na sociedade, sendo ...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoci�n Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información