Notas de prensa

Tecnópole acolle novas iniciativas empresariais para combater o cambio climático

Tecnópole aproba a instalación de nove novas empresas, unha das cales prevé a creación de 150 postos de traballo. As iniciativas empresariais que se incorporan pretenden combater o cambio climático.

O Consello de Administración do Parque Tecnolóxico de Galicia aprobou a instalación de nove novas iniciativas emprendedoras, o que eleva a 95 o número total de empresas que levan a cabo a súa actividade na Tecnópole. Este foi un dos acordos da derradeira reunión do máximo órgano de decisión da entidade, presidida polo director xeral de I+D+I da Consellería de Economía e Industria, Ricardo Capilla, e celebrada no seu recinto, en San Cibrao das Viñas (Ourense).

Dúas das novas iniciativas de negocio comezarán a súa actividade na Lanzadeira de Empresas de Biotecnoloxía, que desde mediados de 2009 oferta niños e equipamento de laboratorio especializado para a maduración de ideas emprendedoras neste sector estratéxico para a economía galega. Coa instalación de Climadaptación e Biogalia, a máis recente das incubadoras do Parque Tecnolóxico, instalada no edificio Tecnópole I, chega ao 56% de ocupación tan só seis meses despois da súa posta en marcha.

Das outras novas sete empresas, cinco instalaranse na incubadora central da Tecnópole (no edificio CEI), outra no edificio Tecnópole II e a restante ocupará unha parcela. Ademais, o Consello de Administración autorizou o traslado a niños do Edificio CEI doutras dúas empresas ata o de agora situadas no Viveiro da Cámara de Comercio de Ourense, xunto co permiso de ampliación de espazo da empresa Laddes Works, que pasa de ter unha a dúas parcelas no Parque Tecnolóxico.

Ademais, os membros do Consello de Administración foron informados do balance da Oficina de Financiamento de Proxectos de Tecnópole, que ten como obxecto captar fondos públicos para proxectos propios e, sobre todo, facilitarlles ás empresas e centros tecnolóxicos o acceso a financiamento para desenvolver os seus. En 2009, a Oficina logrou captar un total de 8,3 millóns de euros entre créditos e subvencións procedentes do Ministerio de Ciencia e Innovación, do Ministerio de Industria e da Consellería de Economía e Industria. Das 27 propostas para as que se logrou financiamento, o 85% eran proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación, o que supón un incremento importante sobre esta mesma porcentaxe en 2008, cando o ratio de iniciativas de I+D+I sobre o total foi do 64%.

Avances en biotecnoloxía

As dúas novas empresas que inician a súa actividade na Lanzadeira de Empresas de Biotecnoloxía elevan a 15 o número de emprendedores nos niños do edificio Tecnópole I.

Unha delas, Climadaptación S.L, ten como obxectivo dar resposta ás necesidades de mercado xurdidas como consecuencia do cambio climático, traballando, por unha parte, na loita contra o seu impacto mediante a investigación, desenvolvemento e posta en marcha de produtos e servizos que permitan reducir ou capturar as emisións e, por outra, na adaptación dos sectores productivos afectados polas novas condicións climáticas. Os seus proxectos de I+D están polo de agora centrados no castiñeiro, en aspectos coma o desenvolvemento das mellores técnicas de poda, fertilización e enxerto para combinar a captura de CO2 coa produción de castaña.

A outra empresa, Biogalia S.L, aproveitará o espazo e o acceso ao laboratorio especializado en biotecnoloxía que Tecnópole pon á súa disposición para desenvolver un proxecto de recubrimento de biopelícula comestible para queixos e para peixe rebozado destinado á preparación con microondas. Segundo expoñen os seus promotores, trátase do primeiro recubrimento comercial a base de biopolímeros comestibles para queixos da Unión Europea que evita o crecemento de fungos na súa superficie. En canto ao recubrimento para rebozado de peixe, aseguran que é o primeiro que evita a deshidratación ao preparalo no microondas, o que permite conferirlle unha textura crocante. Ademais, a empresa ten prevista unha actividade en I+D+i para desenvolver films comestibles para froitas.

150 empregos

A empresa Unitono Servicios Externalizados S.A. contará con 600 metros cadrados de espazo en réxime de aluguer no edificio Tecnópole II, que alcanza así o 100% de ocupación. Esta empresa do Grupo Avanza, unha das principais compañías españolas de telemárketing, ten previsto instalar unha plataforma con 150 postos de traballo no Parque Tecnolóxico de Galicia.

Das cinco novas empresas que inician a súa actividade no Edificio CEI, un dos niños será ocupado por Intellectia Bank S.A, creada para ofertar servizos científicos e tecnolóxicos; de análise e investigación industriais; e de deseño e desenvolvemento de equipos informáticos e de software, entre outros.

Tamén no ámbito da xestión do coñecemento, EsenRed S.L. traballará na asesoría, consultoría e desenvolvemento de proxectos no ámbito da internet social ou web 2.0, concretamente para axudar a deseñar e implantar os proxectos necesarios para que as organizacións integren os cambios que estas novas ferramentas carrexan sobre a súa cultura corporativa, a súa organización e as súas estratexias.

A empresa Jofeco Project Management S.L, é unha sociedade de prestación de servizos avanzados relacionados coa xerencia integrada de proxectos de construcción e control de riscos no sector.

Pola súa banda, Acuasec S.L. traballará no desenvolvemento dun sistema central de tratamento de aire para eliminar os fungos en construcións e vivendas. O proxecto desta empresa é crear unha máquina que recolla o aire san dende o exterior e o introduza seco no interior da vivenda e coa temperatura ideal en cada época do ano, deixándoa libre de polen, po e ácaros.

Vicente V. Agromayor S.L. é unha empresa con experiencia no sector das TIC que se instala na Tecnópole para desenvolver un proxecto innovador sobre aplicacións baseadas na tecnoloxía de identificación por radiofrecuencia (RFID).

As dúas empresas que se mudan desde o Viveiro da Cámara de Comercio de Ourense á incubadora da Tecnópole pertencen ao sector agroalimentario. Qualigal oferta consultoría de calidade, I+D, LOPD e seguridade alimentaria, mentres que Bioseguridad de Galicia se dedica ao asesoramento en materia de bioseguridade, concretamente no ámbito das explotacións gandeiras.

Enerxías renovables

As dúas operacións empresariais aprobadas no ámbito das parcelas do Parque Tecnolóxico de Galicia teñen que ver co seu outro sector de especialización prioritario, o das enerxías renovables. A empresa Heatworth Technology contará cunha nave industrial para a investigación, desenvolvemento e fabricación de bombas de calor xeotérmicas de alta eficiencia enerxética. A base da súa actividade son os resultados de diversos proxectos de investigación aprobados polo Plan Galego de I+D+I con colaboración de equipos de investigación da Universidade de Vigo. Ademais, pretenden desenvolver novas tecnoloxías, como bombas de calor aire-auga de alta temperatura e bombas de calor con novos refrixerantes naturais como CO2, para as que se prevé un grande mercado no futuro.

Ademais, a empresa Laddes Works, que comezou a súa andadura no Parque Tecnolóxico de Galicia no ano 2000 no ámbito da aeronáutica, terá acceso a outra parcela ao lado da que xa ocupa para construír unha nova planta dedicada á fabricación de palas e á integración de máquinas de minieólica.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2009-12-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (francisco_jorquera.jpg) La situación interna de los dos partidos de la oposición en Galicia, el BNG y el PSdeG, sigue siendo complicada. El nuevo candidato nacionalista a la Xunta, Francisco Jorquera, dice que Beiras o Aymerich deberían seguir en el BNG y que Galicia no puede permitirse dos nacionalismos. El secretario general del PSdeG hace un llamamiento a los críticos para que se integren.
Foto de la tercera plana (isaac_diaz_pardo_ok.jpg) La Xunta de Galicia homenajea el miércoles 8 de febrero al intelectual gallegista Isaac Díaz Pardo con un acto en la Cidade da Cultura que está presidido por el titular del Gobierno gallego, Alberto Núñez Feijóo. Desde el fallecimiento de Díaz Pardo, el Gobierno gallego y la familia colaboraron en la organización de este homenaje.

Notas

A realizadora galega Sonia Méndez estrea no Teatro Principal de Compostela a curtametraxe interpretada por Luís Zahera e Camila Bossa "Conversa cunha muller morta". Aborda o drama da violencia de xénero desde unha visión máis próxima ao cine poético-narrativo que ao social.
Academia Galega do Audiovisual, Igape e Consorcio Audiovisual promoven a master class de Félize Frappier que analiza o funcionamento do mercado de Canadá, a internacionalización do audiovisual e presenta un caso práctico sobre estratexias.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Eleccións: Son en Asturias, pero quédannos moi preto. O Presidente Cascos, non podendo...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania