
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, manifestou a “satisfacción de todo o pobo galego e do Goberno da Xunta pola liberación dos 36 tripulantes do Alakrana” e puxo a disposición das familias dos mariñeiros secuestrados toda a axuda e os recursos que precisen. “Despois de 47 días de secuestro, por fin conseguimos que toda a tripulación, sa e salva poida volver a España, e poida volver, neste caso, a Galicia”, afirmou o mandatario galego nunha comparecencia ante os medios de comunicación para valorar a “boa nova” da liberación dos tripulantes do pesqueiro.
Núñez Feijóo explicou que, minutos antes de que o presidente do Goberno español ratificase aos medios a nova, concretamente ás 14,25 minutos, a vicepresidenta primeira do Goberno lle confirmou “que o barco Alakrana con toda a tripulación, xa estaba navegando con ruta a Seychelles” e que, “desde as Seychelles, aproximadamente 40 horas de navegación, se producirá a repatriación a España vía aérea”. “Inmediatamente falei coa muller do patrón que me confirma que o seu marido falou con ela e que está navegando dentro do barco con toda a tripulación rumbo a Seychelles, polo tanto, con normalidade”, sinalou Feijóo ao respecto indicando que lle transmitiu tamén “o afecto persoal e a nosa satisfacción e o noso alivio por este desenlace que tanto desexabamos e que tanto tardou”.
A disposición das familias
Nesta liña, o presidente galego quixo trasladar tamén todo o afecto do pobo galego, da Xunta de Galicia “ás familias e aos mariñeiros” que, dixo, “estou seguro que hoxe senten unha enorme emoción compartida por todo o pobo galego” e amosouse confiado en que “o esperadísimo encontro” dos tripulantes cos seus achegados se produza “en breve, unha vez tocada terra en Seychelles e unha vez facilitado o regreso vía aérea a España”.
O titular da Xunta tamén recoñeceu “a enteireza e o comportamento exemplar das familias e da tripulación, do patrón e dos mariñeiros” e aseverou que, desde o primeiro día, “Galicia estará a disposición de todas as familias e de todos os mariñeiros para que superen, de forma definitiva, este lamentable episodio”.
A este respecto, Feijóo anunciou que, a través da conselleira do Mar e do conselleiro de Presidencia “se convocou xa o comité de seguimento entre as autoridades autonómicas e locais cun dobre obxectivo: facilitar todo aquilo que as familias precisen desde que cheguen a Galicia; e facilitar desde o primeiro día as axudas psicolóxicas e de todo tipo que precisen os mariñeiros para reintegrarse no menor tempo posible á súa vida normal”. Polo tanto, remarcou o presidente galego, “seguimos dando un total apoio aos mariñeiros, seguimos dando un total apoio ás familias e seguirémosllo dando unha vez que cheguen a Galicia e nas semanas posteriores ata a súa absoluta recuperación e volta á normalidade”.
Traballar para que non se produzan novos apresamentos
Por último, o xefe do Executivo autonómico manifestou a súa vontade de traballar, “desde mañá” mesmo para tentar que non se volvan producir apresamentos ilegais como o do Alakrana noutros pesqueiros galegos e españois que faenan en augas do Índico.
“Ese será o labor que debemos empezar a partir de mañá”, insistiu lembrando, non obstante, que “hoxe é un día de celebración, de felicitación, o día de respecto máximo ás familias, aos mariñeiros, e o día de dicir que, por fin, despois de 47 días, 36 tripulantes do Alakrana están navegando cun rumbo que os traerá a casa, cun rumbo que os traerá a Galicia, que os traerá a España. Ese era o obxectivo que por fin, 47 días despois, se consigue”, concluíu.
La situación interna de los dos partidos de la oposición en Galicia, el BNG y el PSdeG, sigue siendo complicada. El nuevo candidato nacionalista a la Xunta, Francisco Jorquera, dice que Beiras o Aymerich deberían seguir en el BNG y que Galicia no puede permitirse dos nacionalismos. El secretario general del PSdeG hace un llamamiento a los críticos para que se integren.
La Xunta de Galicia homenajea el miércoles 8 de febrero al intelectual gallegista Isaac Díaz Pardo con un acto en la Cidade da Cultura que está presidido por el titular del Gobierno gallego, Alberto Núñez Feijóo. Desde el fallecimiento de Díaz Pardo, el Gobierno gallego y la familia colaboraron en la organización de este homenaje.