Notas de prensa

O Cetmar presenta nunha exposición a innovación nos oficios do mar en Galicia

A mostra sobre a innovación nos oficios do mar inaugúrase o sábado, 14 de novembro, e abre ao público a semana do 16 ao 20 de novembro no Centro de Formación A Aixola, en Marín.

O Centro Tecnolóxico do Mar – Fundación CETMAR, que promove a Xunta de Galicia, ofrecerá a modo de exposición un percorrido polas innovacións dos oficios tradicionais do mar. Nesta mostra poderanse observar dende os materiais técnicos de construción de embarcacións máis tradicionais ata os máis innovadores que actualmente se poden atopar no mercado. A exposición “A innovación nos oficios do mar” terá lugar no Centro de Formación A Aixola en Marín, dependente do CETMAR.

O evento forma parte das actividades da Semana da Ciencia 2009 e inclúese dentro do proxecto “Galicia e as ciencias do Mar”, coordinado polo CETMAR e financiado pola dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Economía e Industria.

O proxecto “Galicia e as ciencias do Mar” ten entre os seus obxectivos difundir o coñecemento das ciencias do mar e as súas aplicacións. Esta iniciativa de divulgación do CETMAR oferta tamén actividades aos centros de ensino de Galicia a través da web www.galiciaeascienciasdomar.org permitindo acceder a unha selección de recursos didácticos.

Horarios

Esta exposición inaugúrase o vindeiro sábado 14 de novembro e abrirase ao público durante a semana do 16 ao 20 de novembro en horario de 09:00 a 14:00 e de luns a xoves de 16:00 a 19:00.

Simultaneamente á presentación da exposición, o día 14 ás 11:30, terá lugar no centro de formación A Aixola a representación de monicreques “MARUXÍA” dirixida aos maiores de 5 anos. Trátase dun espectáculo de sensibilización sobre a importancia da investigación na conservación do medio mariño e da necesidade da preservación do mar e dos seus recursos.

Os interesados en asistir á inauguración da exposición e á representación de monicreques deberán confirmar a asistencia no número de teléfono 609 355 715 ou no correo electrónico formacion@cetmar.org (achegando o número de adultos e de nenos que asistirán, nome e teléfono de contacto).

Gabinete de Comunicación da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, 2009-11-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (francisco_jorquera.jpg) La situación interna de los dos partidos de la oposición en Galicia, el BNG y el PSdeG, sigue siendo complicada. El nuevo candidato nacionalista a la Xunta, Francisco Jorquera, dice que Beiras o Aymerich deberían seguir en el BNG y que Galicia no puede permitirse dos nacionalismos. El secretario general del PSdeG hace un llamamiento a los críticos para que se integren.
Foto de la tercera plana (isaac_diaz_pardo_ok.jpg) La Xunta de Galicia homenajea el miércoles 8 de febrero al intelectual gallegista Isaac Díaz Pardo con un acto en la Cidade da Cultura que está presidido por el titular del Gobierno gallego, Alberto Núñez Feijóo. Desde el fallecimiento de Díaz Pardo, el Gobierno gallego y la familia colaboraron en la organización de este homenaje.

Notas

A realizadora galega Sonia Méndez estrea no Teatro Principal de Compostela a curtametraxe interpretada por Luís Zahera e Camila Bossa "Conversa cunha muller morta". Aborda o drama da violencia de xénero desde unha visión máis próxima ao cine poético-narrativo que ao social.
Academia Galega do Audiovisual, Igape e Consorcio Audiovisual promoven a master class de Félize Frappier que analiza o funcionamento do mercado de Canadá, a internacionalización do audiovisual e presenta un caso práctico sobre estratexias.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Eleccións: Son en Asturias, pero quédannos moi preto. O Presidente Cascos, non podendo...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania