Notas de prensa

Varela ratifia a Eisenman o compromiso de abrir a Cidade da Cultura en 2010

O titular de Cultura e Turismo e o arquitecto coincidiron na necesidade de finalizar o proxecto do complexo Gaiás e convertelo nunha infraestrutura cultural símbolo da Galicia do século XXI.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela recibiu na Consellería ao arquitecto estadounidense Peter Eisenman, autor do proxecto da Cidade da Cultura. Esta primeira reunión entre Varela e Eisenman serviu para coñecerse persoalmente e avanzar na boa sintonía entre o conselleiro e o arquitecto, que cualificaron a reunión como cordial e positiva.

Na entrevista, Roberto Varela transmitiulle a Peter Eisenman o compromiso da Xunta de Galicia coa Cidade da Cultura. Neste sentido, o conselleiro de Cultura e Turismo ratificou a necesidade de rematar o proxecto e de converter o complexo do Gaiás nunha infraestrutura cultural símbolo da Galicia do século XXI. Tanto Varela como Eisenman coincidiron en sinalar o obxectivo de que a Cidade da Cultura sexa unha icona de Galicia e unha referencia no mapa internacional no ámbito das artes, da cultura, da arquitectura e da investigación.

Como prioridade, o conselleiro analizou a apertura á cidadanía do complexo do Gaiás en 2010 e a posta en valor dos edificios cun maior nivel de execución. Deste xeito, Roberto Varela explicoulle ao arquitecto que nos orzamentos da Xunta de Galicia para 2010 contémplase unha menor inversión na Cidade da Cultura pero que se primará unha maior eficiencia na execución do presupostado para facer realidade á apertura do complexo de xeito paulatino.

Doutra banda, o conselleiro e o arquitecto analizaron os avances no concurso da segunda fase da urbanización da Cidade da Cultura. Neste momentos, a oficina técnica está a avaliar as 18 propostas presentadas para acometer estas obras imprescindibles para facilitar o acceso ao Gaiás.

O conselleiro Roberto Varela e o arquitecto Peter Eisenman acordaron traballar en contacto permanente respecto á Cidade da Cultura. A próxima visita do arquitecto estadounidense a Galicia producirase antes do remate deste ano 2009.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, 2009-10-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES