Os populares galegos seguen traballando para establecer canles de comunicación fluÃda, bidireccional e permanente coas persoas de a pé que permitan que cidadanÃa e Goberno vaian da man.
As oficinas están atendidas por deputados autonómicos e parlamentarios nacionais que se encargan de recoller hoxe as inquedanzas, suxestións e iniciativas dos cidadáns para convertelas nas propostas electorais de mañá, pois unha das prioridades do partido é continuar sendo o que máis se parece a Galicia.
Do mesmo modo, dende estas oficinas a información flúe cara á cidadanÃa, pois a través delas os deputados autonómicos e parlamentarios nacionais tamén explican aos cidadáns as iniciativas que afectan á súa bisbarra.
A rede de oficinas parlamentarias comezou a funcionar en xullo de 2008 con 14 oficinas. Pouco máis dun ano despois, Galicia conta xa con 18 oficinas parlamentarias populares - tres na Coruña, tres en Ourense, sete en Lugo e cinco en Pontevedra-, e xa se proxecta a apertura de máis.
Trátase dunha ferramenta fundamental para achegar o programa electoral á xente e reactivar unha vÃa de intermediación entre a cidadanÃa e o Goberno na que o partido actúa como mediador entre ambos os dous.
Esta iniciativa, na que o PPdeG é pioneiro en Galicia, reflicte o interese do partido por facer polÃtica para as persoas e reafirma o seu compromiso e interese de gobernar a pé de rúa, virar as costas a ninguén e para todos.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.