Notas de prensa

Nove compañías galegas pechan 80 funcións de danza e teatro infantil en varias zonas de España e Portugal

No marco da Feira Galega de Artes Escénicas confírmanse as contratacións de espectáculos entre os que destacan a danza e o teatro infantil. Máis de 3.500 espectadores seguiron as funcións das 20 obras representadas neste evento que se celebrou en Santiago de Compostela.

As comunidades autónomas de Andalucía, Castela-A Mancha, Valencia, Euscadi, Madrid e Navarra e as localidades portuguesas de Abrantes, Estarreja, Moita e Palmela programarán nos vindeiros meses un total de 80 funcións de espectáculos galegos, a meirande parte delas de teatro infantil e danza, a raíz dos contratos pechados ata o momento no marco Feira Galega das Artes Escénicas 2009. Os programadores chegados dende fóra de Galicia para participar neste encontro profesional, que hoxe pecha as súas portas en Santiago, teñen de prazo ata o 31 de outubro para formalizar a contratación de montaxes galegas dentro do programa de bonificacións á distribución exterior.

Organizada pola AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura e Turismo, esta décimo sétima edición do evento acolleu dende o pasado luns a exhibición de 20 espectáculos galegos (11 de teatro para adultos, seis de teatro para público infantil e tres de danza), que foron seguidos por un total de 3.509 espectadores. Cunha elevada media de ocupación nos cinco espazos nos que se desenvolveu o cartel artístico (Auditorio de Galicia, ARTeria Noroeste, Sala Nasa, Salón Teatro e Teatro Principal), os profesionais acreditados e o público xeral encheron o aforo dispoñible en máis da metade das funcións programadas.
Escenarios, festivais e redes escénicas

Títeres Trompicallo, Producións Acontrabutaca, Entremans, Sarabela Teatro, O Retrete de Dorian Gray, Galitoon, Teatro do Morcego, Berrobambán e Nut Teatro son as 9 compañías que xa teñen confirmada a súa presenza en escenarios, festivais e redes escénicas de fóra de Galicia a través dos contactos establecidos durante a celebración da Feira Galega das Artes Escénicas.

En concreto, Trompicallo pechou 26 funcións de Violeta Coletas contra as salchichas. Gulp! coas redes de teatros de Castela-A Mancha e Euscadi; Producións Acontrabutaca, ofrecerá 16 representacións de A horta animada en diferentes escenarios de Andalucía, Comunidade Valenciana, Madrid e Navarra; a compañía de danza Entremans, 15 do espectáculo Concerto desconcerto en Castela-A Mancha; Sarabela Teatro, 12 de Cósima no festival Teatralia que se desenvolve en diferentes escenarios da Comunidade de Madrid; e Teatro do Morcego, dúas do seu Lazarillo de Tormes no Festival de Teatro Clásico de Alcalá de Henares.

En Portugal, actuarán as compañías O Retrete de Dorian Gray con tres funcións de Rúa Aire, Galitoon Productions con catro de Babiliglub, Berrobambán con unha de Bicharada, e Nut Teatro cunha de Wake up.
Ao balance final de contratación exterior, haberá que engadir así mesmo as representacións concertadas cos programadores galegos asistentes, que se materializarán fundamentalmente no calendario de actividade de 2010 da Rede Galega de Teatros e Auditorios e da Rede Galega de Salas.

Gabinete de Comunicación de Agadic, 2009-10-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES