Notas de prensa

Ferrol presenta o seu primeiro Plan de Emerxencia ante catástrofes

O concello dispón, así,dunha ferramenta que lle permitirá respostar de xeito eficaz ante calquera eventualidade que se produza. Contempla escenarios de nevadas, seísmos, inundacións ou sequías. O plan foi elaborado pola empresa Belt Ibérica desde o ano 2008.

O alcalde, Vicente Irisarri, e a concelleira de Seguridade e Protección Civil, Sandra Ríos, presentaron o primeiro Plan de Emerxencia Municipal (PEMU) do Concello de Ferrol, que foi dictaminado favorablemente, e por unanimidade, na Xunta Local de Protección Civil. Dito plan enmárcase dentro da aposta feita polo Goberno municipal pola prevención, unha aposta que se iniciou coa creación do Servizo Municipal de Prevención no Corpo de Bombeiros e coa elaboración de plans de emerxencia e prevención en edificios e instalacións públicas da cidade, entre outras actuacións.

Con este Plan, que se estivo elaborando desde finais de 2008 a través da empresa Belt Ibérica coa supervisión do propio Concello, a Administración local dispón dunha ferramenta que lle permitirá respostar de xeito eficaz ante calquera eventualidade que se produza no Concello, pois contempla escenarios de nevadas, seísmos, inundacións ou sequías, entre outras posibles. Trátase dun documento que senta as bases para a organización do Concello ante unha gran emerxencia como ciclóns ou incendios forestais e é un documento vivo no que se ten que seguir traballando a diario a través do contacto directo con empresas privadas, outras administracións públicas ou entidades colaboradoras. Legalmente se ten que actualizar cada catro anos, se ben hai que revisalo permanentemente e, para a súa elaboración, estableceuse un prazo de sete meses mentres que para a segunda, a correspondente á súa implantación, de dous.

O PEMU recolle as características xerais do territorio do municipio, xunto coa súa cartografía e o estudo do sistema de asentamento poboacional, e conta coa delimitación das vías de comunicación do municipio e a súa titularidade. Atende así mesmo a aspectos como as características xeográficas e demográficas do territorio, a hidroxeoloxía e meteoroloxía, as instalacións industriais, a rede de abastecemento e saneamento e o patrimonio histórico e natural. A estes aspectos únense a identificación, análise e ponderación dos riscos en cada unha das zonas que foron analizadas previamente. Ditos riscos, os potencialmente previsibles, están numerados, tales como as inundacións, nevadas, xeadas, néboas, ventos, tormentas, derrubos, sismos ou incendios e está plasmada a localización xeográfica de cada un deles coas posibles consecuencias que pode ter.

Neste apartado, o PEMU recolle como riscos de nivel alto os incendios forestais, os temporais e os incendios urbanos. Riscos de nivel medios son a contaminación, saturación da rede de sumidoiros, transporte por estrada e ferrocarril, inundacións, incendios industriais e industrias perigosas, transporte de mercancías perigosas, colapso de infraestruturas, fallo nos servizos públicos esenciais ou concentracións humanas. Finalmente, como riscos de nivel baixo contémplanse a sequía, afundimentos de terreos, rotura de depósitos, actividades deportivas e recreativas, riscos sanitarios, néboas, nevadas, xeadas e sismos.

Outro dos apartados do Plan de Emerxencia Municipal fai referencia ás medidas preventivas para reducir ou evitar as posibilidades de que se produzan continxencias, como son os procedementos, actuacións e medios necesarios para atenuar as consecuencias que puideran ter na poboación, grupos de accións, bens material ou no medio ambiente. Xunto a estes Plans de Actuación Municipal (PAM), o PEMU dispón de guías de respostas e dunha ferramenta informática e dun GIS (Sistema de Información Geográfica).

A dirección do PEMU corresponde ao alcalde de Ferrol e dela depende, para a súa aplicación, o Centro de Coordinación Operativo Municipal (Cecopal), cuxa ubicación propúxose na primeira planta do Cuartel de San Xoán e ten como responsable á edil de Seguridade Cidadá; o Comité Asesor (primeira teniente de alcalde) e a Dirección Técnica Posto de Mando Avanzado (coordinador de Seguridade do Concello). O organigrama organizativo complétase cos grupos de acción Sanitario (director da área territorial do Servizo Galego de Saúde), de Seguridade (Xefe da Policía Local), Intervención (Xefe de Bombeiros), Transmisións (Ofical da Policía Local da área de Seguridade de Edificios), Loxístico (Inspector de Policía Local, Unidade Supra-Territorial) e Rehabilitación de Servizos Públicos (Inxeñeiro municipal). Finalmente, como subgrupos establécense os de Asistencia Social, Transporte, Recursos e Compras.

O Plan de Emerxencia Municipal deberá agora ser dictaminado a favor na Comisión de Seguridade e ser aprobado en pleno para posteriormente remitirse á Xunta de Galicia (á Dirección Xeral de Protección Civil) para a súa homologación. O primeiro paso foi presentalo na Xunta Local de Protección Civil, acto que tivo lugar onte, cuxos membros dictaminárono a favor. Estes son: o alcalde, o secretario (xefe do Negociado de Seguridade), o xefe de Bombeiros, o xefe da Policía Local, o comisario do Corpo Nacional de Policía de Ferrol-Narón, o capitán da Garda Civil, os edís de Seguridade e Tráfico, a primeira tenente de alcalde, un representante de Cruz Vermella, o xefe da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, dous representantes de Navantia, un representante da Armada en Ferrol, un representante da Xunta de Galicia e outro do Servizo Galego de Saúde.

Gabinete de Comunicación do Concello de Ferrol, 2009-10-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES