
O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar) recibiu a visita de importadores franceses de mexillón, interesados en coñecer persoalmente o rigor do seguimento e control medioambiental e técnico-sanitario dos produtos do mar, que se fai na nosa Comunidade Autónoma, como garantía da calidade e salubridade dos nosos mariscos e, concretamente, do mexillón.
O centro dependente da Consellería do Mar recibirá -ata día 21 de setembro- cinco visitas distintas. Deste xeito, o venres día 11, técnicos do laboratorio Nacional de Referencia en biotoxinas de Romanía achegaranse ao Intecmar para coñecer o sistema de control do fitoplancto tóxico e de biotoxinasen moluscos aplicado en Galicia, e manterán unha xuntanza técnica cos seus responsables.
Diversas autoridades pesqueiras de distintos países centroamericanos –entre os que se atopan os ministros de Costa Rica, Belize e Panamá- e diferentes representantes do seu sector pesqueiro mostraron tamén o interese por coñecer o Intecmar e o seu programa de control. Aproveitando a súa presenza en Galicia, con motivo da celebración da Feira Mundial de Pesca, achegáranse ás instalacións o vindeiro día 14.
As visitas ao centro continuarán o xoves día 17. Dous técnicos da Axencia de Desenvolvemento Económico do Goberno de Chile (CORFO), que traballan estreitamente co seu sector mexilloeiro, coñecerán as liñas de investigación do centro e o seu rol no coñecemento e control das mareas vermellas, e intercambiarán coñecementos sobre a evolución deste tipo de industria no seu país.
Por outra banda, e como cada ano, o Intecmar acollerá o curso organizado pola Comisión Oceanográfica intergubernamental (COI) da Unesco, a Axencia Española de Cooperación Internacional e Desenvolvemento (AECID) e o Instituto Español de Oceanografía (IEO), por medio do seu Centro Oceanográfico de Vigo. O curso versará sobre os programas de seguimento de biotoxinas mariñas, segundo a regulamentación europea, e está integrado por técnicos africanos e latinoamericanos, con experiencia nos análises de biotoxinas mariñas. O día 21 o curso impartirase no Intecmar. Tras cinco horas lectivas, os asistentes ao curso farán un percorrido polas instalacións.
O Intecmar continúa, deste xeito, a ser punto de visita recorrente para quen se quere achegar aos labores de control ambiental do medio mariño, ben sexa na procura de complementos didácticos; para comprobar o grao de calidade e seguridade alimentaria que ofrece o programa de control da calidade ambiental das augas costeiras implantado en Galicia -no que se refiere ás condicións oceanográficas, fitoplancton, bioxeoquímica mariña, biotoxinas mariñas, contaminación química, microbiología e patoloxía- ou para coñecer as vantaxes comparativas deste sistema, con vistas á súa aplicación noutras áreas litorais.
Manuel Baltar Blanco ha tomado el relevo de su padre al frente de la Diputación de Ourense con un discurso en el que ha reivindicado el "ourensanismo" y el "galleguismo" y en el que ha situado la creación de empleo como su "objetivo principal" al frente de esta institución, que José Luis Baltar Pumar presidió durante los últimos 22 años.
El conselleiro de Educación e Cultura de la Xunta, Xesús Vázquez, en la que fue su primera visita institucional a la Real Academia Galega (RAG), ratificó el compromiso del Gobierno gallego con esta institución durante el año 2012 en que se conmemora el Año Celso Emilio Ferreiro, tras el acuerdo alcanzado en el Parlamento de Galicia.
