Notas de prensa

Fomento do Turismo no Medio Rural

O Diario Oficial de Galicia ven de publicar as bases da concesión das subvencións da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral para o Turismo, para apoiar accións encamiñadas ao fomento do turismo no medio rural.

O importe total das axudas ascende a 2.680.955 euros, cofinanciadas nun 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, quedando a súa tramitación condicionada ao cumprimento da normativa da Unión Europea nesta materia. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no DOG.

O obxectivo destas axudas é a potenciación do sector turístico rural galego dun modo integrado de equilibrio económico, medioambiental e socio-cultural. Así como desenvolver un modelo turístico que afonde na competitividade das empresas como clave da optimización do crecemento da oferta e recursos turísticos con criterios de sostibilidade.

O sector turístico xenera aproximadamente un 12% do Produto Interior Bruto Galego e un 13% dos recursos humanos activos traballan no sector. O efecto multiplicador do turismo a través do arrastre de outras moitas actividades, é vital, non só pola situación de recesión económica que o país atravesa, senón tamén e sobre todo, polo enorme potencial de crecemento que Galicia aínda ten para aumentar o número de turistas, mellorar os ingresos medios por día e visitante e incrementar o número de pernoitas por cada turista.

O turismo se revela como factor fundamental de reequilibrio territorial entre o mundo urbano e o rural, tendo o noso rural galego as condicións idóneas e os atractivos suficientes para satisfacer ao “novo turista”, que busca experiencias, praceres simples e contacto coa natureza. Asemade, os visitantes tamén buscan a renovación, vivir vacacións intensas e experimentar novas sensacións.

Actuacións subvencionables

O obxectivo destas subvencións é financiar parcialmente os investimentos necesarios para a realización de actividades turísticas no medio rural así como a adquisición dos elementos necesarios para o seu desenvolvemento. As axudas están destinadas a implantación de novas tecnoloxías, de enerxías renovables, mellorar a seguridade contra incendios e a hixiene alimentaria nos establecementos turísticos. Estas subvencións están enfocadas a implantación e renovación de sistemas de calidade; a creación e mellora de centros de convencións, congresos e salas de reunións; construción ou ampliación campos de golf, hípica, náutica e aquelas outras actividades recreativas que supoñan oferta turística complementaria no medio rural. Os investimentos tamén deben ser destinados a reparación de xardíns e instalacións de ocio; creación ou mellora de zonas de aparcadoiro dos establecementos con oferta aloxativa ou calquera outro proxecto de innovador e singular de especial interese turístico no medio rural.

Beneficiarios e condicións da axuda

As bases establecen que poderán ser beneficiarias das subvencións as empresas autónomas ou as constituídas baixo calquer tipo de sociedade mercantil, civil ou comunidade de bens que reúnan os requisitos establecidos nestas bases. Os proxectos que se recollen nesta orde como accións subvencionables, poderán acadar unha axuda de ata un 40% sobre o investimento subvencionable cando se trate de pequenas e medianas empresas e, de ata o 30% nos demais casos. Asemade, engadiranse 6.100 euros por cada posto de traballo que se cree con carácter indefinido.

Os solicitantes das subvencións adquiren os compromisos e obrigas de nos casos de creación de establecementos turísticos deberán iniciar a actividade turística previamente autorizada pola Administración turística, nun prazo máximo de seis meses contados a partir da data límite da xustificación final do investimento. Tamén se establece que os beneficiarios manterán a súa actividade en Galicia durante un período mínimo de quince anos, contados desde a data de concesión da correspondente autorización turística ou, no seu defecto, desde que se produza a liquidación definitiva da subvención.

Así mesmo, compromete a creación os postos de traballo durante dous anos e manter os mesmos durante un período de cinco anos desde as correspondentes altas na Seguridade Social.

Criterios de valoración

Os criterios de valoración establecen que os proxectos que se presenten deberán ser técnica, económica e financeiramente viables. As características que se terán en conta na valoración do candidatos son: a localización en áreas rurais con tendencia a despoboación (25%); a singularidade e innovación da proposta con respecto ao contorno onde se vai desenvolver (20%); a capacidade de creación de emprego, estabilidade do posto de traballo, formación de recursos humanos e contribución á economía local (20%); o investimentos en municipios con menos de 5.000 habitantes ou unha densidade de poboación inferior a 150 habitantes/km2 (15%); a análise do destino en relación coa calidade dos accesos, coas infraestruturas básicas e coa oferta de servizos de utilización turística (10%) e o emprego de novas tecnoloxías e enerxías respectuosas co ambiente (10%).

Consellería de Cultura e Turismo - Secretaría Xeral para o Turismo, 2009-08-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (setecidades-setesabores.jpg) Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Foto de la tercera plana (trens-turisticos-2026.jpg) Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.

Notas

A USC será do 10 ao 12 de xuño o punto de encontro da comunidade universitaria dedicada á Tecnoloxía Educativa co desenvolvemento das XXXIII Xornadas Universitarias de Tecnoloxía Educativa (JUTE 2026). O congreso, que reúne profesorado, persoal investigador e estudantado de universidades de toda España e do estranxeiro, regresa á Facultade de Ciencias da Educación baixo o lema ‘Alfabetización Dixital Crítica para unha Convivencia Híbrida’.
O Centro de Investigación Mariña da UVigo celebrou a súa primeira década de existencia, na que se consolidou como un dos polos científicos máis dinámicos do sistema galego integrado na Rede Cigus e como un referente no arco atlántico europeo. Foi nun acto institucional que tamén serviu para conmemorar os 20 anos da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, unha infraestrutura singular que forma parte da rede europea EMBRC e que dá soporte a unha comunidade científica de máis de 200 investigadores dedicados ao estudo do océano.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES