
O Teatro Jofre de Ferrol acollerá o dÃa 24 de setembro a estrea absoluta de Glass City (Cidade de Cristal), a última producción de Teatro do Noroeste. Unha obra que combina teatro, danza e musical. Esta mañá a concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales, presentaba a obra en compañÃa do seu autor e director, Eduardo Alonso, e de tres dos catorce actores e actrices que integran o seu elenco: Luma Gómez, Carlos Mosquera e Christian Escuredo.
Mercedes Carbajales explicaba que na actualidade a compañÃa está aÃnda en fase de producción do espectáculo e avanzaba que na semana previa á estrea Teatro do Noroeste trasladará á cidade naval os ensaio. Apuntaba que, debido á calidade da obra, o seu carácter innovador e ao ser Ferrol a primeira cidade que acolla a representación, o Concello decidiu programar tres dÃas de pases: o 24, 25 e 26 de setembro. É por isto que animou a todos os cidadáns e cidadás a achegarse ao Jofre neses dÃas e seguir o espectáculo de Teatro do Noroeste, unha compañÃa de primeiro nivel na escea galega e nacional. Nesta liña, a actriz local Luma Gómez apuntaba que, tras o seu paso por Ferrol, a compañÃa iniciará unha xira ata o mes de decembro polas principais cidades e vilas de Galicia. AÃnda asÃ, explicou que, posteriormente, se preparará a versión en castelán para a súa distribución por toda a penÃnsula.
Pola súa banda, Eduardo Alonso destacou as posibilidades do Teatro Jofre. O primeiro teatro no que iniciou a súa traxectoria profesional. Un teatro que, segundo recoñeceu, sinte moi profundamente. Pero, centrándose en Glass City (Cidade de Cristal), Alonso explicou que é unha obra musical de grande formato na que participan catorce actores e actrices e conta con músicos en directo que interpretan os temas musicais e as cancións que aparecen no espectáculo. En Glass City hai dúas cuestións que impregnan todo o argumento do espectáculo e forman parte esencial da obra: o lugar e a época. O lugar é a cidade de A Coruña, e a época é o setembro de 1958. Nesa época e nesas datas adoitaba pasar varios dÃas de veraneo o entón xefe do Estado Español, o ditador Francisco Franco, en A Coruña. Con el chegaban á cidade unha morea de ministros e altos cargos daquel goberno que, instalados na cidade, a transformaban, durante uns dÃas, na capital de España.
Pero é tamén neste ano de 1958 cando chegan aos bares de A Coruña as “juke box”, máquinas de discos importadas de Estados Unidos que viñan cargadas con cancións de Elvis Presley, Paul Anka, Neil Sedaka, Chubby Checker e compañÃa. O xerme da revolución da música xuvenil estaba servida e callarÃa anos despois, pero algúns mozos coruñeses atentos se adiantan. Nace a xuventude como clase social. Mais non todos están sometidos ao Réxime, ao menos internamente.
Glass City, non é unha obra histórica, pero a historia incide nela con especial consideración. Sobre todo sucesos que aconteceron neses dÃas en A Coruña: as inauguracións da Sociedade HÃpica, da Fábrica de Armas ou do Supermercado de San Agostiño, a cea de gala no Pazo do Concello, onde, para susto de todas as autoridades, se interpretou o Himno Galego, ou a pesca por parte do Azor e de Franco, dunha balea que case creou un incidente polÃtico, pois a prensa non sabÃa se chamala cachalote ou cetáceo. Son acontecementos, entre outros, que aparecen reflectidos nos fÃos argumentais deste espectáculo. Pero, tamén, Glass City súmase aos textos de Eduardo Alonso dedicados a diferentes épocas e cidades galegas. Primeiro foi As damas de Ferrol, despois Imperial: Vigo 1936, e agora Glass City.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.