A delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, confirmou a próxima posta en marcha dun sistema de videovixiancia e control de accesos nas instalacións portuarias de Celeiro e Burela, atendendo á optimización dos servizos para os traballadores do sector.
Ademais, a delegada sinalou que as zonas portuarias serán dotadas con rede wifi para propiciar o acceso á internet, ampliando asà as ferramentas de comunicación e de traballo dispoñibles.
Tras anunciar algunhas das primeiras medidas que Portos de Galicia adoptará para mellorar as dotacións das instalacións lucenses, Arias referiuse a outras iniciativas que incidirán directamente nas condicións de traballo de pescadores e mariñeiros.
En primeiro lugar, a delegada quixo incidir en que a loita contra o furtivismo será, en todo caso, “un dos eixes principais da acción da Xunta en materia pesqueira”. Raquel Arias puxo coma exemplo dos froitos que empeza a dar a acción do goberno neste ámbito o marisco decomisado durante a última semana na Mariña lucense.
Igualmente, será de máxima preocupación para o goberno autonómico a seguridade dos traballadores do mar. Neste senso, Raquel Arias fixo énfase en que a partir do vindeiro ano incrementarase o número de efectivos adscritos ao helicóptero Helimer Galicia con base na zona, de xeito que poida prestar servizo as 24 horas do dÃa.
Raquel Arias realizou estas declaracións no marco da presentación de Vidal MartÃnez Sierra como xefe territorial da ConsellerÃa do Mar en Lugo. O novo departamento territorial modifica a distribución xeográfica da antiga delegación territorial, concentrando agora a súa competencia entre os concellos lucenses de Ribadeo e O Vicedo.
MartÃnez Sierra asume a xefatura territorial do Mar en Lugo como “un reto” para impulsar o sector da pesca, piar básico na estrutura económica lucense. Nesta liña, o xefe territorial destacou a relevancia que a industria pesqueira ten para a mariña lucense e para a provincia en xeral, “especialmente se temos en conta que os peiraos de Burela e Celeiro figuran entre os catro con maior facturación pesqueira de Galicia”.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.