Notas de prensa

O CEIG divulga en Ourense as vantaxes da sinatura electrónica

O secretario do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Juan Valiño García, participa no Edifico Politécnico, nas xornadas Informática e Legalidade que promove a Organización Precursora de Iniciativas do Campus de Ourense (OPICO).

As charlas, abertas ao público en xeral, están orientadas especialmente a estudantes de Enxeñaría e Enxeñaría Técnica en nformática, así como a alumnos de Dereito.

Esta é a derradeira das sesións que, durante tres mércores consecutivos, abordaron a informática desde un punto de vista legal. O
obxectivo dos organizadores é, por unha banda, introducir os enxeñeiros
asistentes nos aspectos xurídicos que afectan ao exercicio da profesión
informática e, por outra, que os futuros xuristas obteñan unha mellor
perspectiva da informática e de como as cuestións legais inciden nunha
profesión cada día máis indispensable na sociedade. Deste xeito, Juan Valiño, xefe de Ãrea de Sistemas e Comunicación da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, ademais de secretario do CPEIG, explica o mércores 29 de abril, a partir das 17.00 horas, os diferentes elementos legais e técnicos relativos á sinatura electrónica. Aída Riobó Fernández, vicepresidenta de OPICO na Facultade de Dereito, será a encargada de presentar o conferenciante.

AUTENTICIDADE, CONFIDENCIALIDADE E INTEGRIDADE

A sinatura electrónica, un dos usos da certificación dixital, garante, por
unha banda, a identidade do remitente ou autor; por outra, que o seu contido non sexa visualizado por terceiras persoas non autorizadas e, ademais, que non sexa modificado con posterioridade ao seu envío. As tres características sinaladas denomínanse autenticidade, confidencialidade e integridade, respectivamente. Deste xeito, a sinatura electrónica permite realizar transaccións dixitais garantindo a identidade dos axentes que interveñen e o contido mesmo das transaccións, polo que representa un aval de seguridade.

Esta tecnoloxía permite, por exemplo, certificar o remitente dun correo
electrónico, garantir a identidade das persoas que interveñen nunha
transacción económica ou axilizar a solicitude dunha subvención ou mesmo a declaración do IRPF mediante a web. Segundo o CPEIG, as vantaxes da sinatura dixital teñen un gran potencial no eido da e-administración, posto que mediante ela se transforman as oficinas tradicionais baseadas en procesos sobre papel en procesos electrónicos a partir de formularios web que permiten a “oficina sen papeis”, coa conseguinte mellora na produtividade e simplificación das actividades que teñen lugar no día a día nas diferentes organizacións.

Na práctica diaria, a sinatura e certificación dixitais aínda están en
período de implementación e namentres que as distintas administracións
públicas apostan decididamente por estas tecnoloxías, no eido privado o seu desenvolvemento está menos acelerado.

NOMES DA DIRECTIVA

Con sede en Santiago de Compostela e con 300 asociados ata o
momento, a directiva do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia constitúena: Fernando Suárez Lorenzo, presidente; Hernán Vila Pérez, vicepresidente; Juan Antonio Valiño García, secretario; María Pilar Dolores Quiñoá López, tesoureira; Ãngel Fernández Gándara, vicesecretario; Xosé Antón Campos Silva, vicetesoureiro; Ramón Paz Buján, vogal 1; Miguel Ãngel Molinero Ãlvarez, vogal 2; Eva Marcos Doldán, vogal 3; e Francisco Bago Castro, vogal 4.

SumaComunicación, 2009-04-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES