O Concello de Ourense, en colaboración coa EscuderÃa de Clásicos de Ourense, organiza a recepción dos participantes na XXX Edición do “Rally de Cambrils de Automóviles Antiguos”, que chega o mércores 25 de marzo. O rally atravesa nesta edición a PenÃnsula, para ir dende o Mediterráneo ata o Atlántico (entre Cambrils e Santiago de Compostela).
O programa no seu paso pola nosa cidade será o seguinte:
Mércores, 25 de marzo:
- Chegada polo enlace centro da autoestrada, procedentes de Puebla de Sanabria, a partir das 18:15 h.
- Entrada dos vehÃculos á Praza Maior, pola Praza Bispo Cesáreo.
- Exposición dos 36 vehÃculos participantes, na Praza Maior entre as 18:20 e as 21:00 h.
- Recepción do alcalde no Concello ós participantes do evento, ás 19:00 h.
- Visita turÃstica ás Burgas e paseo polo Casco Vello.
- SaÃda ás 21:00 h. polas rúas peatonais: Lamas Carvajal e Paseo, para aparcar no aparcamento da rúa Juan XXIII.
Xoves, 26 de marzo:
9:00 h: SaÃda dos vehÃculos dende o aparcamento Juan XXIII, pola avda. Habana, Pavillón de Deportes e Rúa Ribeira Sacra, en dirección á entrada da autoestrada.
Os obxectivos do Rally son fomentar a cultura, o civismo e a convivencia, ademáis de promover fluxos de movemento entre poblacións. Deste xeito, preténdese convertir o Rally nun museo ambulante, que suxira coñecemento, encanto e ganas de viaxar.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.