A cidade de Ourense ven de incorporarse á Rede de Cidades AVE, unha asociación na que participan un total de 20 localidades españolas que contan con esta infraestructura de comunicacións na actualidade ou contarán con ela a curto ou medio prazo. O Concello recibiu a comunicación oficial por parte do presidente da Rede, e alcalde de Lleida, Angel Ros, da aceptación da solicitude realizada polo alcalde de Ourense, Francisco RodrÃguez, de que Ourense se incorpore a esta rede nacional, en calidade de membro adherido.
A rede ten como obxectivo prioritario a promoción turÃstica dos destinos que a integran desde as perspectivas de seren cidades comunicadas polo tren de alta velocidade. A incorporación de Ourense a este colectivo supón, segundo o alcalde de Ourense, Francisco RodrÃguez, “unha nova moi positiva, xa que nos vai permitir desenvolver proxectos de promoción e desenvolvemento turÃstico da nosa cidade, en colaboración con outras localidades españolas, para realizar un esforzo conxunto de promoción de Ourense, ó tempo que beneficiarnos das experiencias que se desenvolveron noutras cidades que contan con esta infraestructura, e aproveitar o AVE para relanzar en toda España o gran potencial turÃstico e termal que ten Ourense, como porta de entrada da alta velocidade a Galicia”.
A Rede de Cidades AVE é unha asociación constituÃda por aqueles municipios que se conecten mediante a liña férrea a través da infraestructura de Alta Velocidade Española e teñan parada de AVE, que voluntariamente o desexen para a actuación conxunta no ámbito da promoción turÃstica.
Actualmente forman esta rede as cidades de Madrid, Barcelona, Sevilla, Zaragoza, Córdoba, Antequera, Puente Genil, Puertollano, Ciudad Real, Segovia, Valladolid, Guadalajara, Calatayud, Huesca, Lleida e Tarragona. Todas elas teñen en común contar cunha infraestructura, como é a liña de AVE, que as conecta mediante a liña férrea. A elas se veñen de engadir, en calidade de membros adheridos, as cidades de Ourense, El Prat de Llobregat, León e Talavera de la Reina, ó seren cidades que teñen previsto a medio prazo a súa conexión con dita infraestructura e unha parada AVE.
A Rede de Cidades AVE ten como principais obxectivos
- Actuar conxuntamente no desenvolvemento de estratexias e accións promocionais dirixidas a operadores turÃsticos e outros profesionais para a difusión da imaxe que se corresponda cos intereses das cidades da Rede
- Realizar proxectos e propostas comúns destinadas a promocionar a Rede e cada unha das cidades que a integran
- Establecer polÃticas de intercambios de experiencias e resultados, en relación con cuestións plantexadas e resoltas en cada unha das cidades integrantes, traballando conxuntamente na análise do impacto e evolución da implantación do AVE nas mesmas
- Intercambiar información nas distintas Oficinas de Turismo das estacións e colaborar na promoción das cidades da rede, a través de ditas oficinas.
- Desenvolver, xestionar e difundir actividades culturais en proxectos e propostas comúns
- Desempeñar o papel de interlocutor con institucións públicas e privadas relacionadas cos obxectivos da Rede.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.