
O secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, participou na presentación do Congreso de análise sobre Latinoámerica Construyendo Eurolat que segundo destacou “permitirá proxectar Galicia e reforzar os lazos con Latinoamérica”. No acto estivo acompañado polo director do congreso, Fernando Jaúiregui e o director xeral de Prestomedia, Jesús González.
A iniciativa pretende converter a Santiago entre os dÃas 25 e 28 de xaneiro na capital do periodismo latinoamericano. O director do congreso subliñou que Galicia acolle ao que xa se pode considerar “o cumio anual de directores de medios de comunicación latinoamericanos: o congreso de análise sobre Latinoámerica”.
Na súa intervención, Fernando Salgado expresou o seu agradecemento “entrañable e forte” e o do Goberno galego a Prestomedia por elixir Galicia como sede do congreso, “pola significación da iniciativa e por permitir debater sobre os problemas de Latinoamerica”. Tal e como salientou, “vainos permitir reforzar os lazos de sangue, culturais e históricos cos paÃses latinoamericanos e co veciño Portugal e seguir mantendo unha relación directa con eles”.
“O Congreso garante o establecemento dunha ponte entre a Unión Europea e Latinoamerica na que o arco esencial é Galicia. AsÃ, servirá como trampolÃn de proxección da comunidade para presentar e dar a coñecer unha Galicia en marcha que será aberta e fiestra de intercambio co mundo e as diferentes culturas”, indicou.
Reforzar os lazos con Latinoamérica
Neste sentido, avanzou que, aproveitando a presenza dos representantes dos principais medios latinoamericanos e da celebración do 3º congreso de empresarios galegos no exterior, haberá un acto conxunto que permita proxectar Galicia e reforzar os lazos con Latinoamerica.
A cita será foro destacado dun gran debate entre os máis importantes lÃderes de opinión de América Latina e Europa, nunha edición na que o tema central do congreso é ConstruÃndo Eurolat, as relacións de Latinoámerica e a Unión Europea onde se reflexionará sobre a actualidade e a realidade social, económica e polÃtica latinoamericana. AsÃ, o congreso contará coa participación dos directivos dos medios de comunicación máis importantes de América, España e Portugal. Entre eles, contarase coa presenza do director de ClarÃn, La Nación, O Globo ou New Herald, entre outros.
A inauguración do Congreso, que será presidida polo máximo mandatario galego, Emilio Pérez Touriño, terá lugar o próximo luns 26 de xaneiro ás 9,30 horas no Salón Nobre do Reitorado da Universidade, no Palacio de Fonseca.
O Congreso está organizado polo Grupo DiariocrÃtico e Prestomedia promovido pola SecretarÃa Xeral de Comunicación baixo a dirección do xornalista Fernando Jáuregui. O congreso do ano 2008 celebrouse en Burgos, sendo os anteriores en Valencia e Cáceres.
Os plenarios que se celebren no marco do Congreso tratarán sobre a construción de Eurolat, a liberdade de expresión, a diplomacia bilateral ou multilateral ou a brecha dixital entre os dous lados do atlántico, entre outros temas. Ademais dos plenarios haberá mesas redondas nas que se abordará a crise económica mundial, enerxÃa e sustentabilidade, fluxos migratorios ou dereitos humanos.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.