Notas de prensa

A conselleira de Pesca visita as instalacións da empresa Pereira Productos del Mar

A empresa viguesa vén de poñer en marcha melloras nas súas liñas de produción, cunha serie de actuacións orientadas principalmente a potenciar as novas tecnoloxías.

A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, acompañada polo Alcalde de Vigo, Abel Caballero, o director xeral de Estruturas e Mercados da Pesca, José Manuel López Rodríguez, pola delegada de Pesca en Vigo, Ãngeles Montero, e por responsables da empresa, realizou unha visita ás instalacións da compañía Pereira Productos del Mar, situadas no porto pesqueiro de Vigo.

A empresa viguesa vén de poñer en marcha melloras nas súas liñas de produción, cunha serie de actuacións orientadas principalmente a potenciar as novas tecnoloxías, para o que investiu un total de 2.150,591,08 euros, dos cales a Consellería de Pesca achegou o 34,01 por cento. Así, os investimentos realizados pola compañía foron destinados á ampliación da planta de elaborados e á mellora do equipamento de transformación e envasado coa introdución dunha máquina peladora de pota, unha etiquetadora manual, unha envolvedora, unha cortadora de anelas para lura grande e unha clasificadora automática. Ademais, Pereira Productos de Mar introduxo melloras nos equipos frigoríficos, así como nos sistemas de seguridade das súas instalacións, coa posta en marcha dun sistema de detección de incendios ou a montaxe dun ascensor montacargas.

No encontro que mantivo cos medios de comunicación tras o seu percorrido pola instalacións da empresa, a Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos destacou a aposta do Goberno galego pola industria do conxelado, coa achega de máis de 105 millóns de euros a este sector ao longo de 2008 ao abeiro do Plan Estratéxico dos Produtos do Mar Conxelados.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia, 2009-01-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES