
A Fundación Lydia Cacho, organización en defensa das persoas perseguidas ou en situación de perigo que co seu traballo loitan contra a corrupción e a favor dos dereitos humanos, comezou en Santiago, unha xira que pretende dar a coñecer o seu traballo en todo o Estado, nun acto organizado pola Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela.
Esta iniciativa nace para a defensa da propia Lydia Cacho, prestixiosa xornalista mexicana que foi perseguida e encarcerada por sacar a luz pública informacións sobre corrupción e pederastia no seu paÃs. Concretamente, a súa obra "Los Demonios del Edén' desatou un escándalo polÃtico en México pola inculpación destes delictos a importantes personalidades con responsabilidade pública, entre eles o propio gobernador do estado de Puebla, Mario MarÃn Torres ou o empresario Kamel Nacif.
Debido a estas acusacións, a xornalista foi secuestrada e encarcera ilegalmente. Na actualidade a Fundación que leva o seu nome tenta dar a coñecer ao mundo o caso de Lydia Cacho buscando financiación para costear o proceso de defensa xudicial no Tribunal Internacional da Haia, e loitando a favor da liberdade de expresión en todo o mundo e especialmente en paÃses conflictivos para os xornalistas como é o caso de México.
A súa presidenta executiva, Alicia Luna, asegurou que Galicia “é un bo punto de partida”, polas vinculacións históricas entre a comunidade galega e México, aÃnda que admitiu que a colaboración do actor Luis Tosar e da presidenta da Federación de Asociacións de Periodistas de España, natural de Vigo, foron determinantes.
A fundación financiase a través das doazóns económicas particulares asà como mediante a organización de actos, concertos e exposicións de pintura. O 22 de xaneiro, os grupos The Ellas, The Vitor Coyote, Kimuru e The Homens actúan na Sala Nasa en beneficio desta organización.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.