A ConsellerÃa de Pesca e Asuntos MarÃtimos, a través da Dirección Xeral de Recursos Mariños, vén de aprobar por resolución o plan experimental para a extracción da anémona de mar (Anemonia viridis) no litoral de Galicia, en concreto, na franxa infralitoral. Con esta aprobación, dáse por satisfeita a demanda de varias entidades do sector pesqueiro e marisqueiro galego que presentaron plans de explotación para esta especie co fin de diversificar a súa actividade produtiva e incrementar as súas posibilidades de ingresos económicos. Son as confrarÃas de pescadores da Coruña, Barallobre e Cangas as que amosaron inicialmente o seu interese na explotación deste recurso e, polo tanto, as primeiras en poder participar neste plan experimental.
En Galicia non existen antecedentes de explotación de anémona de mar, de modo que será a primeira vez que se extraia esta especie en augas da nosa comunidade autónoma. De todos os xeitos, sà existen precedentes de explotación deste recurso nas costas andaluzas, onde hai unha clara demanda no mercado. Tendo isto en conta, a ConsellerÃa de Pesca optou por poñer en marcha este plan experimental que servirá, sobre todo, para acadar información cientÃfica concreta sobre esta especie no litoral galego, avanzar nos coñecementos da explotación deste recurso e poder chegar a establecer normas máis concretas e claras para regular a súa extracción, asà como coñecer a demanda real deste produto en Galicia.
No marco deste plan experimental, o Departamento de ZooloxÃa e AntropoloxÃa FÃsica da Universidade de Santiago de Compostela presentou á Dirección Xeral de Recursos Mariños o proxecto denominado “Avaliación dos stocks e seguimento da extracción de Anémona viridis (Forskal, 1775) nos distintos puntos da costa galega”, co que, xunto aos técnicos e biólogos da ConsellerÃa de Pesca, realizará un estudo e control exhaustivo do desenvolvemento do plan e das condicións desta especie.
Na resolución emitida pola Dirección Xeral de Recursos Mariños e que xa se lle fixo chegar ás entidades implicadas, establécense as condicións de explotación das anémonas. AsÃ, a zona de extracción será a franxa infralitoral nos sectores de costa A, de punta Langosteira a cabo Prioriño (Provincia da Coruña), e B, de punta Canabal a punta Robaleira (Provincia de Pontevedra). Deste xeito, as zonas no sector A, nas que faenarán as embarcacións autorizadas dos pósitos da Coruña e Barallobre, están distribuÃdas entre a praia de Canido e a punta Bufadoiro (zona I); de punta Torrella á punta do dique de Sada (Zona II); da desembocadura do rÃo SarÃo (Bañobre) a punta Crebitas (Zona III); e do dique de Ares a punta Miranda (Zona IV). Pola súa parte, no sector B, onde traballarán os profesionais autorizados da ConfrarÃa de Cangas, estableceuse a zona I, de punta Balea ata ao extremo leste da praia de Limens, incluÃndo o faro de Borneira e o illote de Corbeiro; a zona II que vai do extremo oeste da praia de Limens ata ao extremo leste da praia de Barra; e a zona III, do extremo oeste da praia de Barra a punta Robaleira.
Asà mesmo, establécense as chamadas zonas branco ou de control en cada un dos sectores, nas que está prohibida a extracción. Estas áreas son necesarias para o correcto seguimento cientÃfico do plan experimental de explotación da anémona de mar.
Técnica de extracción e arte a empregar
A técnica de extracción autorizada para o plan experimental da anémona será o mergullo con subministro de aire dende a superficie. Polo tanto, os mergulladores que participen no plan deberán estar en posesión das titulacións correspondentes que habilitan para a extracción de recursos mariños.
A extracción será manual, aÃnda que se admite a utilización dunha rasqueta ou coitelo que, en ambos os dous casos, terán a punta redondeada. Ademais, non se permitirá o emprego de ningún outro elemento para a extracción ou para o traslado do recurso á embarcación, agás o uso dun trueiro.
Época de extracción, horario, topes de captura e talla
Segundo recolle a resolución, o perÃodo autorizado para a extracción será o que vai do 16 de setembro ao 15 de decembro de 2008, cun máximo de 50 dÃas autorizados. En todo caso, en función do desenvolvemento da condicións recollidas no plan, do estado das poboacións e da evolución do prezo no mercado, a Dirección Xeral de Recursos Mariños poderá suspender a extracción da anémona. É de destacar que a autorización da extracción irá ligada a que exista un compromiso comercial que dea saÃda a este produto, posto que se descoñece a demanda real por parte dos consumidores.
En canto ao horario de traballo, os profesionais do mar que participan neste plan poderán traballar dende as 08.00 horas da mañá e ata as 14.00 horas da tarde. O tope de captura fÃxase en 35 quilogramos por embarcación e dÃa, e o peso mÃnimo autorizado será de 15 gramos por peza.
Puntos de control e forma de comercialización
O plan experimental da anémona establece como puntos de control para a o sector A o Porto de Mera, para a zona I, e o porto de Lorbé para as zonas II, III e IV. No caso do sector B, fixa como punto de control único a lonxa de Cangas.
A comercialización do produto extraÃdo realizarase nas lonxas e puntos de venda autorizados e de acordo coa normativa vixente en materia de descarga, primeira venda e comercialización dos recursos mariños en fresco.
Para o correcto desenvolvemento do plan, as entidades participantes deberán remitir, con periodicidade semanal, os datos relativos á extracción á Dirección Xeral de Recursos Mariños. A non remisión dos mesmos pode dar lugar á exclusión do plan.
Durante o perÃodo de vixencia desta iniciativa experimental, técnicos da ConsellerÃa de Pesca e da Universidade de Santiago de Compostela realizarán, en calquera das embarcacións autorizadas, as mostraxes correspondentes para o control, seguimento e avaliación do plan, para o que se contará coa total colaboración das entidades e persoas participantes.
Solicitudes de apertura
Para poder comezar a extracción, as entidades ás que están asociadas as embarcacións incluÃdas no plan solicitarán á Dirección Xeral de Recursos Mariños, cunha antelación mÃnima de dez dÃas, a apertura das zonas de explotación que terá carácter quincenal. Nesa solicitude, indicarase a relación de barcos e mergulladores que traballarán; as zonas, dÃas e topes de captura; os puntos de control (facendo mención á hora e lugar onde se realizarán), asà como copia do acordo coa empresa comercializadora no que figurará a cantidade de recurso (en quilos) que a empresa se compromete a procesar diariamente.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.