
O director xeral de Recursos Mariños, Antonio GarcÃa Elorriaga, presidiu unha nova xuntanza da comisión de seguimento do Plan de Dinamización da RÃa de Ferrol, deseñado pola ConsellerÃa de Pesca co fin de paliar a situación económica á que se ven abocados os traballadores do mar pola clasificación das súas zonas de produción como “C”. Este organismo está integrado por representantes das tres confrarÃas da zona, Ferrol, Mugardos e Barallobre, e das organizacións sindicais CIG, CC.OO. e UGT, asà como biólogos e técnicos de Pesca.
Os asuntos da orde do dÃa tratados na reunión celebrada hoxe en Santiago foron, entre outros, o calendario dos traballos a realizar polos profesionais ferroláns no marco do Plan nos próximos meses, asà como analizar o desenvolvemento das tarefas levadas a cabo ata o momento.
Sobre o primeiro dos temas, os membros da comisión acordaron fixar as datas para os traballos de limpeza e rexeneración, que se desenvolverán entre o 1 de setembro e ata o 14 de novembro, e de extracción, que se levarán a cabo a partires do 17 de novembro e ata o 15 de xaneiro de 2009.
Deste xeito, os mariscadores a flote desenvolverán nos meses de setembro, outubro e metade de novembro traballos de extracción e posterior resembra nas zonas que determinen os biólogos da ConsellerÃa de Pesca. Para este labor estableceuse en 32 mm. a talla mÃnima da ameixa a recoller e o tope máximo de captura por tripulante será de tres quilogramos. Para desenvolver esta actividade, os profesionais realizarán previamente rastreos con endeño sen copo dende embarcación.
Asà mesmo, levarán a cabo traballos de retirada de mexillón, na que participarán tres embarcacións con endeño, para o que se fixou un mÃnimo de 100 capachos como cantidade de residuos mÃnima que deberán extraer das PÃas. Ademais, as tres confrarÃas de pescadores ferrolás presentarán un plan de limpeza de depredadores, en concreto de estrela de mar, con nasas que deberán remitir á ConsellerÃa de Pesca para o seu estudo de cara á súa posible aplicación na rÃa ferrolá.
Pola súa banda, os mariscadores a pé de Mugardos e Barallobre realizarán traballos de limpeza, rexeneración e traslados nos bancos marisqueiros próximos ás zonas de influenza das súas respectivas confrarÃas.
Con respecto á análise dos resultados da campaña de verán, na que os mariscadores puideron extraer marisco para a súa comercialización, os membros da comisión de seguimento plantexaron que o volume de capturas está dentro do esperado inicialmente, tras as mostraxes realizadas, e son cifras normais nesta época do ano.
Finalmente, a ConfrarÃa de Pescadores de Ferrol solicitou á ConsellerÃa de Pesca a cesión dunha embarcación para levar a cabo labores de vixilancia. Dende Pesca tomouse nota desta petición para ser estudada.
Encontro coa nova directiva do pósito de Ferrol
Previamente á reunión da comisión de seguimento, o director xeral de Recursos Mariños, Antonio GarcÃa Elorriaga, recibiu oficialmente no seu despacho ao novo patrón maior da ConfrarÃa de Pescadores de Ferrol, Julio Videira Guedes, e aos membros do cabildo. Trátase do primeiro encontro que manteñen despois da toma de posesión do novo equipo directivo do pósito que tivo lugar o pasado dÃa 8 de agosto.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.