
A Conselleira de Pesca e Asuntos MarÃtimos, Carmen Gallego Calvar, e o Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando X. Blanco Ãlvarez, asinaron un convenio de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Fundación Cetmar para o desenvolvemento dunha acción de investigación sobre “Os episodios tóxicos de orixe fitoplanctónico nos moluscos bivalvos de Galicia”. O acto de sinatura tivo lugar na sede do Consello Regulador do Mexillón de Galicia, situado en VilagarcÃa de Arousa.
O obxectivo principal deste proxecto, no que traballarán o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), a Fundación Cetmar e a USC, é o fortalecemento do sector da acuicultura de moluscos bivalvos a través da articulación das investigacións sobre os episodios tóxicos de orixe fitoplanctónica (mareas vermellas) nunha estrutura coordinada con capacidade para orientar e priorizar desenvolvementos futuros e resolver problemas inmediatos derivados da regulación, xestión ou control dos mesmos. Con este traballo coordinado tamén se busca perfeccionar e innovar o sistema de control de biotoxinas actual e avaliar as posibles vÃas de solución a curto e medio prazo da presenza desta toxina.
Para a posta en marcha desta iniciativa, a ConsellerÃa de Innovación e Industria achega, a través do Plan Galego de I+D+i, un total de 1.138.683 euros e a súa vixencia comprenderá o perÃodo que vai dende a sinatura do convenio de colaboración ata o 31 de decembro de 2011. Ademais, coa información final que se obteña deste estudo, a Xunta de Galicia disporá dun marco de actuación para a posta en marcha de futuras polÃticas de prevención e control dos procesos tóxicos que padecen os bivalvos.
Tratar de paliar as consecuencias da toxina nun sector importante
O sector da acuicultura de moluscos bivalvos ten unha grande importancia en Galicia tanto no que se refire á produción e ás cifras de negocio, como en número de empregos directos e indirectos, sobre todo grazas ao cultivo do mexillón e doutras especies nas nosas rÃas. A acuicultura galega domina, ademais, no mercado nacional e é un dos principais subministradores nos mercados europeos.
AÃnda con todo isto, os atrancos que sofre esta actividade económica por mor das mareas vermellas son importantes, podendo considerarse como o principal problema ao que teñen que facer fronte os cultivos en Galicia.
Neste sentido, e para paliar as consecuencias da aparición destes compostos tóxicos, é necesario actuar sobre varias vÃas e, fundamentalmente, sobre unha correcta regulación dos niveis tolerables.
AsÃ, no marco deste proxecto, traballarase sobre a implementación dun sistema de control optimizado en termos de custo económico e de desenvolvemento de métodos de redución da acumulación da toxina nos bivalvos, profundizando nos procesos que regulan a acumulación (aproximación fisiolóxica) e nos propios organismos (aproximación xenética).
Carácter integrador do proxecto
A Conselleira de Pesca, Carmen Gallego Calvar, destacou no acto de sinatura celebrado en VilagarcÃa de Arousa que esta acción estratéxica sobresae polo seu carácter integrador. Indicou que aglutina á meirande parte da investigación que se está a desenvolver en Galicia en materia de biotoxinas en moluscos bivalvos nunha estrutura coordinada na que participan o Intecmar, a Fundación Cetmar e a Universidade de Santiago.
Asà mesmo, explicou que esta iniciativa tamén contribuirá á intensificación da relación entre os investigadores e as empresas, algo que “está na base do desenvolvemento de calquera actuación de investigación aplicada”. Neste sentido, o proxecto no que se empezará a traballar dende hoxe fomentará a sinerxia e a transferencia de coñecemento entre os equipos de investigación e as empresas que poderán compartir e discutir os resultados.
Carmen Gallego sinalou, ademais, que este estudo contén liñas de investigación cuxos resultados van ser determinantes no futuro do sector da acuicultura de bivalvos, e en concreto do mexillón. Entre eles, destacou o perfeccionamento do sistema de control actual para mellorar na predicción das mareas vermellas, ou a aplicación de estratexias fisiolóxicas e xenéticas na busca de métodos para lograr que o mexillón non se intoxique ou elimine a toxina máis rapidamente.
Finalmente, a titular do departamento de Pesca resaltou que nos últimos dous dÃas o Goberno galego puxo en mans do sector mexilloeiro dúas ferramentas primordiais para facer fronte aos retos de futuro. A esta acción de investigación presentada, únese a aprobación do regulamento da Denominación de Orixe Protexida “Mexillón de Galicia”, que saÃu onte publicado no Diario Oficial de Galicia.
Pola súa parte, o Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando X. Blanco Ãlvarez, subliñou a relevancia de que “se poñan en común recursos e esforzos” para mellorar a capacidade de resposta ante o problema da toxicidade nos moluscos. Asà mesmo, explicou que suporá a “creación dunha estrutura coordinada de investigación que achegue resultados a curto prazo e teña perspectivas a longo prazo”.
O titular de Innovación e Industria destacou tamén que este convenio non é unha acción illada, senón que hai que encadrala na polÃtica do seu departamento de impulsar, a través do Plan Galego de I+D+i 2006-2010 (INCITE), programas sectoriais “que desenvolven investigacións e tecnoloxÃas que redundan en beneficio da economÃa e a sociedade galegas”.
Fernando Blanco lembrou que no ano 2007 a súa ConsellerÃa “apoiou con case catro millóns de euros 33 proxectos de investigación neste sector de diferentes empresas, centros tecnolóxicos e grupos de investigación, tendo especial significación a liña de biotoxinas no marisqueo e as referidas ao mexillón”. Recordou, ademais, que no pasado mes de xuño tanto a Conselleira de Pesca como el mesmo presentaron a Axenda Estratéxica de Investigación da Plataforma Tecnolóxica de Acuicultura, unha ferramenta de grande alcance para orientar o sector cara á I+D+i.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.