
O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, mantivo unha reunión de traballo con representantes do comercio do paÃs para analizar a evolución do sector comercial nos últimos anos e no que vai do presente 2008. O titular nacionalista informou logo desta reunión, á que asistiron José MarÃa Seijas, presidente da Federación Galega do Comercio, Xosé Bangueses, presidente do Foro Galego do Comercio e Xavier Pérez Bello, vicepresidente da Federación de Autónomos de Galicia (FEAGA), que a ConsellarÃa de Innovación e Industria porá en marcha unha serie de mecanismos que conxuntamente consideraron “necesarios para a boa marcha do comercio” nunha situación que o conselleiro valorou como “moi complexa”.
Neste sentido, o conselleiro deu a coñecer os últimos datos da evolución do comercial no paÃs, que reflicten unha baixada media de vendas de entre o 15 e o 20% como consecuencia da crise económica e das condicións climatolóxicas no caso do téxtil e do calzado. Por outra parte, tanto o número de comercios como o emprego mantén os niveis dos últimos anos, cun comercio máis que no ano 2005 e un 6,4% máis de emprego.
Segundo explicou Fernando Blanco, o seu departamento axilizará “todo o posÃbel” o proxecto de Lei de Comercio Interior de Galiza, unha medida que os comerciantes consideran necesaria xa que entenden que esta Lei será unha “boa ferramenta”, dixo o conselleiro, de cara ao futuro.
Por outra banda, a ConsellarÃa de Innovación e Industria traballará conxuntamente co IGAPE e co propio sector comercial para o establecemento de liñas de financiamento especÃficas e ademais, iniciará reunións coa coas entidades financeiras públicas de Galiza para conseguir pola súa parte unha actitude “máis proactiva” dentro do sector do comercio co obxectivo, segundo dixo o titular da ConsellarÃa, de “garantir a pervivencia e a continuidade no tempo” do sector.
Por último Fernando Blanco informou de que Innovación continuará apostando polo desenvolvemento de campañas de comercio e plans de formación e mellora da calidade, calidade que constitúe, ao seu xuÃzo, a “baza competitiva do pequeno comercio”.
O conselleiro asegurou que estas medidas, xunto co esforzo dos comerciantes e a confianza de que “estamos afrontando unha crise que pasará como todas as crises”, conseguirase que os comercios estean “ben posicionados e teñan capacidade para medrar de cara ao futuro”. Nese sentido, o conselleiro dixo que no sector hai “optimismo” para enfrontarse a unha situación moi complexa “que require dun traballo conxunto entre a iniciativa privada e a administración para definir e analizar continuamente como enfrontarse da mellor maneira posible a ela”.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.