Notas de prensa

Máis de noventa novos investigadores en Neurociencia debaten na USC

A IV Xornada para Novos Investigadores en Neurociencia celebrouse na Facultade de Medicina con máis de noventa participantes para dinamizar a discusión sobre os últimos traballos científicos neste eido e crear un marco idóneo de debate.

Ao acto de apertura asistiron o director xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica do Sistema Universitario de Galicia, Rogelio Conde-Pumpido; as vicerreitoras de Investigación e de Profesorado da USC, María José Alonso e María Dolores Domínguez; respectivamente; a secretaria do centro, Ãngela Peñalva; e os responsables do Programa Interuniversitario de Neurociencia das tres universidades galegas.

Logo, o recoñecido investigador internacional e profesor da Universidade estadounidense de Pensilvania Zissimos Mourelatos pronunciou a conferencia ‘Pequenos ARNes reguladores: bioxénese e función’ que presentou a coordinadora do evento, Celina Rodicio.

O resto da sesión matinal centrouse en cuestións de neuroanatomía como os efectos do exercicio físico. No transcurso deste relatorio, o novo investigador Daniel de Sousa mostrou os resultados de comparar o exercicio físico en modelos animais demostrando que “practicar deporte evita o avellentamento neuronal en determinadas partes do cerebro”

Outros científicos explicaron a busca de biomarcadores periféricos en trastornos do estado do ánimo ou o caso de peces cartilaginosos. Tamén se abordaron aspectos de neurofisioloxía entre os que destaca a achega experimental a un proceso de discriminación sensorial ou o estudo dos receptores olfativos en troitas comúns e peixes cebras.

Sesión vespertina

Xa pola tarde, trátanse investigacións de neurofarmacoloxía, neuroxenómica e neuroproteómica e de psicobioloxía e psiquiatría con charlas acerca dos cambios asociados ao avellentamento normal ou análise de compostos activos sobre un receptor de serotonina, entre outras.

Os expertos tamén profundan na hormona do crecemento e a súa relación coa recuperación da parálise de cordas vocais ou nunha investigación sobre o cerebro de lamprea adulta. A clausura ten lugar ás 19:15 horas na Aula Castelao da Facultade de Medicina co coloquio ‘Perspectivas sobre a carreira investigadora en neurociencia, onde estamos e cara onde imos?’.

A xornada celébrase anualmente variando o lugar entre as tres Universidades galegas porque a maior parte dos participantes pertencen ao Programa Oficial de Posgrao en Neurociencias, a través do que se obtén en Galicia o título de Doutor e Master.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2008-07-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES