Notas de prensa

Inaugúrase en Bos Aires a exposición Nós mesmos

A mostra trata da organización dos emigrantes galegos no mundo e pode verse durante un mes na Delegación da Xunta na capital arxentina como un dos principais destinos da emigración.

Inaugúrase na Delegación da Xunta de Galicia en Buenos Aires a exposición Nós Mesmos, do Consello da Cultura Galega e a Secretaría Xeral de Emigración do Goberno galego, sobre o movemento asociativo das emigrantes galegos en todo o mundo.
Esta mostra recolle a historia da organización dos cidadáns galegos residentes no exterior desde os seus inicios ata a actualidade. No seu percorrido, o visitante poderá coñecer os casos máis destacados de centros, asociacións e entidades da colectividade en todo o mundo, saber da motivación dos seus creadores e as vantaxes dos seus asociados.

A creación de sociedades ou agrupacións de orixinarios de Galicia, as súas provincias, comarcas ou municipios é unha constante da historia da emigración en todo o mundo. Estas agrupacións xurdiron cuns obxectivos de atención ao emigrante no seu país de destino pero tiveron repercusións no propio país de orixe. A creación 235 colexios na xeografía galega por parte das sociedades galegas de instrución radicadas en América é un dos exemplos desta contribución.

Segundo salientan os seus organizadores “entre 1907 e 1912, ademais dos grandes centros, fóronse construíndo outras asociacións que fixeron deste asociacionismo étnico unha vasta rede de microsociedades, que foi un dos trazos máis senlleiros da emigración galega no contexto das colectividades emigrantes de orixe europeu asentadas en América”.

Recoñecemento mutuo no exterior

“A historia da emigración galega está imbricada de moitas experiencias e iniciativas. Unhas son propiamente individuais ou familiares e teñen que ver de forma directa coa decisión de desprazarse dun sitio a para outro; neste caso, desde unha terra de orixe, que é Galicia, ata os máis diversos recunchos do planeta. Outras foron máis colectivas, orixinándose na solidariedade comunal das emigrantes que, lonxe da súa terra, se recoñecen mutuamente como posuidores dunha certa identidade étnica e cultural común”, explica o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares no texto introductorio da exposición.

Inauguración oficial

A apertura oficial da exposición corre a cargo do Secretario Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, Manuel Luis Rodríguez, e constitúe un dos actos centrais da programación do Mes de Galicia en Arxentina.

A mostra permanece aberta ao público durante un mes na sala Maruxa Boga da Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires (25 de maio 555 CABA) en horario de atención ao público, de 9 a 14 horas.

66 paneis con fotos e datos históricos

En total, son 66 paneis con fotos e datos que “fan un percorrido sintético, ordenado cronoloxicamente, pola historia das entidades fundadas polas emigrantes galegos a través das propias imaxes e voces dos protagonistas do fenómeno da integración comunitaria”, tal e como salientan os comisarios da mostra Pilar Cagiao Vila e Vicente Peña Saavedra.





Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2008-07-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (consello_xunta_noviembre08.jpg) Tras su reunión semanal, el Consello de la Xunta anunció que asumirá las cuotas de préstamos de coche y vivienda de quienes se queden sin empleo. Destina 10 millones de euros a esta medida para movilizar un volumen de financiación directa a las familias de 850 millones. Afectará a aquellos que pierdan su empleo "improcedente o involuntariamente".
Foto de la tercera plana (75_anos_cadena_ser.jpg) Radio Galicia de Santiago de Compostela conmemora el 75 aniversario de su puesta en marcha en el nº 5 de la Plaza de la Universidad (frente a la Facultad de Geografía e Historia), primero bajo la sigla empresarial de Unión Radio, y después de la Guerra Civil como integrante de la Sociedad Española de Radiodifusión (Ser).

Notas

La celebración del Día Mundial de los derechos de la Infancia trajo hasta Compostela un Compromiso por la Educación de la mano del coordinador de la Federación Internacional Fe y Alegría. Entreculturas abre una delegación en Santiago.
A empresa Imaxin Software, en colaboración con I+D+i da Xunta, desenvolveu o Opentrad, prototipo do primeiro tradutor automático que incorpora o inglés a súa ferramenta de tradución automática en software libre que xa dispón de 26 pares de idiomas.

Editorial

Axudas para superar a crise : Todos agardan axudas, porque todos as necesitan. Nesta crise que...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información