
O Concello de Ferrol nomeará Fillo Predilecto a tÃtulo póstumo a un dos principais promotores e impulsores da Real Academia Galega e precursor do Himno Galego, Xosé Fontenla Leal. Para isto, a corporación reunirase para decidir en sesión plenaria o nomeamento, que se prevé sexa por unanimidade a tenor da Xunta de Voceiros. Na mesma, o alcalde, Vicente Irisarri, avanzou o contido do acto previsto polo Concello no Teatro Jofre en lembranza e sentida homenaxe a Fontenla Leal. Será a continuación do pleno e, nel, xogará un papel destacado a Real Academia Galega (RAG).
Asà mesmo, Irisarri tamén aproveitou a reunión da Xunta de Voceiros para informar a tódolos grupos municipais das xestións realizadas ata a data para articular a conmemoración do 150 aniversario da cidade de Ferrol.
Retomando o nomeamento de Fontenla Leal como Fillo Predilecto, o alcalde lembrou esta mañá que a iniciativa partiu dunha moción presentada no mes de agosto polo BNG. Unha moción que recollÃa o sentir xeralizado da totalidade dos partidos polÃticos con representación no Concello e que naquel entón se decidiu deixar ao marxe da sesión plenaria de fin de mes para articulala como unha proposta do conxunto do Concello en lugares dunha proposta dun único partido. Asà se decidiu en Xunta de Voceiros e asà se fixo. Nesta liña, Vicente Irisarri explicaba que, por mor de problemas de dispoñibilidade dos membros da RAG, o recoñecemento se tivera que retrasar ata a data actual. Pero neste tempo, o Concello levou a figura de Fontenla Leal aos centros educativos de Ferrol, onde distribuiu máis de 2.000 unidades didácticas para dar a coñecer entre os máis novos e novas a este ilustre ferrolán.
De tódolos xeitos, o Concello ten previsto celebrar un acto de homenaxe no que xogará un papel destacado a RAG, co seu presidente ao frente, Xosé Ramón Barreiro. Será a xornalista MarÃa Pan a encargada de conducir unha gala que inaugurará a tenente de alcalde e concelleira de Cultura, Yolanda DÃaz, e que misturará letras e música, a cargo do grupo AD Rem. O membro numerario da RAG, Xosé L. Axeitos, realizará a laudatio, namentras que o alcalde clausurará a cita. Como non poderÃa ser doutro xeito, o Real Coro Toxos e Froles pechará o acto coa interpretación do Himno Galego.
1864-1919
Xosé Fontenla Leal naceu en Ferrol o 12 de febreiro de 1864 e, con a penas dez anos e orfo de nai, emigra a Cuba. Cun decidido carácter autodidacta, en La Habana traballou na industria litográfica. A súa paixón polos libros levouno a reunir máis de 3.000 volumes, dos que boa parte foron doados ao Centro Galego da Habana. En 1986 funda a Revista de Galicia xunto con Secundino Cora GarcÃa e colabora no Diario de la Marina.
No ano 1905, Fontenla Leal ten unha decisiva contribución na xénese da futura Real Academia Galega, ao fundar a Asociación Iniciadora e Protectora da Academia Galega xunto a Manuel MurguÃa e Curros EnrÃquez. Logo serÃa nomeado académico non numerario desta institución, ocupando os cargos de vogal, vicepresidente e presidente.
Asemade, Fontenla Leal impulsou de xeito definitivo o Himno Galego, con letra de Eduardo Pondal e música de Pascual Veiga, que foi estreado o 20 de decembro de 1907 en La Habana. Finalmente, morre o 5 de decembro de 1919 na capital cubana.
Conmemoración
O alcalde tamén avanzou, en Xunta de Voceiros, algúns detalles dos actos nos que traballan AlcaldÃa e a ConcellerÃa de Cultura para conmemorar os 150 anos de vida da cidade de Ferrol. Uns actos que se celebrarán nos tres últimos meses de ano, xa que non se trata de programar unha cita illada, senón de facer un calendario de actividades á altura da cidade e coa máxima implicación desta.
Son varias as liñas de traballo marcadas. Cobra forza a organización dunha grande exposición que repase a historia destes 150 anos, onde se mostre a evolución da cidade a través de fotografÃas, cabeceiras de periódicos ou mesmo filmes. Outra das iniciativas plantexadas pasa pola promoción dun ciclo de conferencias onde se produza un intercambio de ideas construtivo en torno ao pasado, presente e futuro de Ferrol. Asà mesmo, estúdase a celebración dalgún concerto destacado e o recoñecemento daqueles personaxes singulares que Ferrol deu neste tempo, favorecendo deste xeito a conexión cos cidadáns e cidadás.
En definitiva, o alcalde sinalou que se trata de distintas vÃas de celebración independentes que se unirán nunha programación participativa e plural.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.