Notas de prensa

2.800 alumnos participan en programas de inmersión lingüística

Este verán 2.500 alumnos de secundaria obrigatoria e bacharelato poderán participar nas estadías de tres semanas no estranxeiro e indica que Educación ten convocado 1.000 prazas máis que o exercicio anterior.

O máximo mandatario galego, Emilio Pérez Touriño, salientou que un total de 2.800 alumnos participan este curso en programas de inserción lingüística cos que a Xunta pretende “superar esa materia histórica de Galicia, a aprendizaxe de idiomas”. Así o subliñou durante a visita que realizou, xunto coa conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, ao campamento bilingüe das Fragas do Eume, onde un grupo de 50 alumnos están a participar nun curso de lingua inglesa.

Segundo explicou, un total de 300 alumnos galegos poderán participar este ano nos campamentos bilingües de inserción lingüística, unha iniciativa “pioneira e innovadora” do Goberno que preside. Concretamente, segundo indicou, nos campamentos de Pontedeume participarán en total 100 alumnos de 6º de primaria, en dous cursos diferentes, con 50 alumnos cada un e quince días de duración, o primeiro deles, que se desenvolve do 22 de xuño ata o 5 de xullo, e o segundo, do 6 ao 19 de xullo.

Ademais desta iniciativa, Emilio Pérez Touriño explicou que outros 200 alumnos de 1º da ESO participarán en campamentos bilingües que se desenvolverán fóra da comunidade, concretamente, en Carrión de los Condes (Palencia), tamén con cursos de quince días de duración e durante o mes de agosto.

O máximo mandatario autonómico lembrou que esta é unha iniciativa “innovadora” da Xunta que marca “a senda na que queremos traballar, que é a de fomentar e conseguir que Galicia e os nosos estudantes poidan superar esa materia histórica, que é a aprendizaxe de linguas estranxeiras”.

Incremento de prazas para estadías no estranxeiro

Na mesma liña, Emilio Pérez Touriño subliñou que, ademais destes campamentos de inmersión lingüística, a Xunta está a fomentar estadías no estranxeiro, iniciativas todas elas, indicou, “con financiamento cen por cen público”, co fin de facer realidade “que os nosos rapaces e rapazas dominen e estean ben establecidos no proceso de aprendizaxe dun idioma estranxeiro , ademais do castelán e galego”.

O presidente autonómico destacou que este verán se teñen convocado 1.000 prazas máis que o exercicio anterior para estadías no estranxeiro de tal xeito que nestes momentos 2.500 alumnos de secundaria obrigatoria e bacharelato estudan un idioma estranxeiro en Francia (300 alumnos), Irlanda (300 alumnos), Reino Unido (1.400 rapaces) e Canadá (500 alumnos), sendo este último destino unha novidade deste verán. Na mesma liña, remarcou que, desde a súa chegada á Xunta, desde o ano 2005, 4.300 alumnos galegos participaron nesta iniciativa.

Ensino de idioma estranxeiro desde os tres anos

“Estamos potenciando un ensino multilingüe, onde a competencia lingüística en castelán e galego e nunha lingua estranxeira debe potenciarse e ser superada plenamente”, aseverou Touriño lembrando que a Xunta está a desenvolver un programa “moi potente nesta dirección”, con iniciativas como o fomento en máis de 800 centros educativos de toda Galicia da aprendizaxe nun idioma estranxeiro desde os tres anos.

Nota“Galicia empezou, no curso 2005-2006 con 50 seccións bilingües –materias non lingüísticas ensinadas en linguas estranxeiras-, e agora hai máis de 300 seccións, en 114 centros”, engadiu o presidente galego ao respecto.

Xunto con isto lembrou que nestes momentos un total de 450 docentes están a realizar cursos específicos de lingua estranxeira no estranxeiro, en estadías que van desde os 2 meses ata o ano, co fin de ter profesores “activos, ben formados e cualificados no ensino de idiomas”, aseverou.

Por último, Emilio Pérez Touriño reiterou o compromiso do Goberno que preside por unha ensinanza pública “de calidade, con competencias lingüísticas no noso idioma e nunha lingua estranxeira, e co respecto aos mellores valores de protección e coidado medioambiental”, concluíu.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2008-06-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (setecidades-setesabores.jpg) Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Foto de la tercera plana (trens-turisticos-2026.jpg) Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.

Notas

A USC será do 10 ao 12 de xuño o punto de encontro da comunidade universitaria dedicada á Tecnoloxía Educativa co desenvolvemento das XXXIII Xornadas Universitarias de Tecnoloxía Educativa (JUTE 2026). O congreso, que reúne profesorado, persoal investigador e estudantado de universidades de toda España e do estranxeiro, regresa á Facultade de Ciencias da Educación baixo o lema ‘Alfabetización Dixital Crítica para unha Convivencia Híbrida’.
O Centro de Investigación Mariña da UVigo celebrou a súa primeira década de existencia, na que se consolidou como un dos polos científicos máis dinámicos do sistema galego integrado na Rede Cigus e como un referente no arco atlántico europeo. Foi nun acto institucional que tamén serviu para conmemorar os 20 anos da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, unha infraestrutura singular que forma parte da rede europea EMBRC e que dá soporte a unha comunidade científica de máis de 200 investigadores dedicados ao estudo do océano.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES