Membros do Grupo de Investigación Operativa e Teoría de Xogos da
USC, dirixidos polo catedrático Ignacio García Jurado, traballan na creación dunha aplicación informática para planificar o uso e as rutas das colleitadoras e outras máquinas nunha cooperativa
agrícola. O obxectivo non é só acadar unha solución que satisfaga as necesidades dos individuos senón tamén “diminuír os custes
económicos asociados”. As ferramentas utilizadas polo grupo son as técnicas de programación matemática e a teoría de xogos.
Segundo explica García Jurado, a teoría de xogos permite “analizar matemáticamente conflitos diversos para asesorar aos implicados e axudarlles a mellorar os seus resultados”. Tamén pode servir para predicir o resultado dunha situación na que interaccionan varios axentes ou mesmo para “entender mellor a evolución de conflitos xa pasados”.
Outros proxectos
O equipo aplicou a teoría de xogos noutros proxectos como un europeo centrado nos problemas económicos que xurdiron na reestruturación do sector ferroviario en Europa. Por invitación da compañía italiana Ferrovie dello Stato, colaborou coas universidades de Xénova (Italia) e Tilburg (Holanda) na proposta, análise e aplicación informática das tarifas que os xestores de infraestruturas ferroviarias terían que cobrar aos usuarios. Pero o grupo da USC ten traballado noutras cuestións como a análise postelectoral do poder dos diferentes partidos políticos ou o establecemento de novas normas de puntuación dos participantes nun torneo de xadrez.
Teoría de xogos
Desenvolta nos seus comezos coma unha ferramenta para analizar o
comportamento dos axentes económicos, García Jurado indica que na
actualidade “se emprega en moitos eidos como a ciencia política, a bioloxía, a filosofía, o dereito e, por suposto, a análise económica”.
A teoría estuda a conduta óptima dos axentes racionais nas
situacións conflitivas. “A mellor decisión de cada axente depende
dos seus propios intereses pero tamén das eleccións dos outros”,
explica o catedrático da USC. Aínda así, García Jurado subliña que a teoría de xogos non ofrece “solucións completamente definitivas” porque, ao final, “cada ser humano é libre e, polo tanto, imprevisible”.
El Puerto de Vigo será base, a partir del primer trimestre del año 2009, del primer buque anticontaminación que la Agencia Europea de Seguridad Marítima (EMSA) ubicará en Galicia, y su adaptación contará con una inversión de 3,5 millones de euros, según anunció Bernd Bluhm, responsable del área de preparación y respuesta anticontaminación.
El trabajo Una familia gallega y un océano de por medio. Vínculos y experiencias a través de la memoria fotográfica y epistolar (c.1894-1972), del que es autora Maria Liliana da Orden, ha resultado ganador de la VII edición del premio de ensayo Manuel Murguía, convocado por la Diputación de A Coruña.

