
A Fundación Galicia Europa integrará á Deputación de Lugo ao seu Padroado, como membro asociado, logo de que o secretario xeral de Exteriores, Julio Fernández Mato, e o presidente desta institución, José Ramón Gómez Besteiro, asà o articulasen no decurso dunha xuntanza de traballo mantida na sede da Deputación. A de Lugo era, ata o de agora, a única das deputacións provinciais galegas que carecÃa de presenza e representatividade no Padroado da Fundación Galicia Europa, que preside Emilio Pérez Touriño.
Logo da xuntanza, o secretario xeral de Exteriores e o presidente da Deputación coincidiron en destacar a relevancia da adhesión da Deputación de Lugo ao Padroado da Fundación como membro asociado. “Queremos darlle á Deputación a benvida á Fundación porque estamos seguros que, dalgunha maneira, será voceira dos pequenos concellos de Lugo que teñen máis dificultade para participar dos fondos europeos e, polo tanto, a Deputación será un interlocutor privilexiado nesta función”.
Ao tempo, Fernández Mato destacou que a Deputación de Lugo poderá beneficiarse, cando se formalice esta adhesión, das potencialidades do futuro Centro de Negocios que a Fundación Galicia Europa posuirá en Bruxelas. Neste sentido, o secretario xeral de Exteriores considerou tamén que técnicos do seu departamento asesorarán, a partir de agora, á Deputación de Lugo en todo o que ten que ver “con solicitudes de proxectos europeos” para a obtención de fondos que esta entidade queira demandar.
Patrimonio da Humanidade
Ademais, o secretario de Exteriores da Xunta referiuse a Lugo e a súa Muralla, declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, e salientou que se terá en conta a cidade á hora de promover os acordos e convenios que a Xunta ten programados coa UNESCO e que se materializaron na visita do presidente do Goberno galego, Emilio Pérez Touriño, a ParÃs, onde tivo ocasión de reunirse co director xeral da UNESCO, Koichiro Matsuura.
Pola súa banda, Gómez Besteiro destacou a importancia que tivo o acto de hoxe, xa que dá continuidade á polÃtica iniciada no pasado mes de xullo de “restablecer pontes e volver a falar con administracións e institucións coas que non existÃa relación”. Neste sentido, o mandatario provincial subliñou que coa adhesión da Deputación á Fundación Galicia Europa sáldase unha débeda que o ente provincial tiña pendente con esta Fundación e coa SecretarÃa Xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia. “A Deputación vai tocar moitas portas e a falar fóra de Galicia. Precisamente, nestes momentos estamos cunha delegación do Concello de Lugo en China. TÃñamos unha débeda pendente e agora soldamos unha relación coa Fundación”.
O titular do ente provincial explicou tamén que a dita adhesión vén propiciada polo interese do Presidente da Xunta en que a Deputación se sume como socia ó igual que xa son o resto das institucións provinciais. “Nós queremos compartir eses foros onde están o resto das Deputacións e a propia Presidencia da Xunta de Galicia. A idea de unir Lugo-Galicia-Europa está presente nesta xuntanza e nos proxectos que faremos a partir de agora”.
Fundación Galicia-Europa
A Fundación Galicia Europa (FGE) colabora con todas aquelas entidades galegas que participan na realización de proxectos no marco de programas de axuda europeos. A colaboración prestada supón un apoio importante para o lanzamento de novas iniciativas e proxectos de interese para Galicia no marco europeo, ademais de contribuÃr a preparar á sociedade galega para competir polos fondos comunitarios con rexións máis desenvolvidas da UE.
Trátase dunha Fundación sen ánimo de lucro, creada con fin de promover todas as accións que propicien o achegamento entre Galicia e Europa, tendo como obxectivos principais facer de Galicia unha rexión forte no continente, fomentar a participación galega en proxectos europeos, impulsar a influencia dos sectores produtivos galegos na UE e informar e formar á sociedade galega e ás entidades que desexen participar en proxectos europeos.
A FGE creouse no ano 1988. Integrada por diversas entidades públicas e privadas, está vinculada funcionalmente á SecretarÃa Xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia e está aberta á colaboración con outras entidades que persigan os mesmos fins. Coa adhesión da Deputación de Lugo, as catro institucións provinciais galegas figuran como socios desta Fundación.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.