
O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando X. Blanco Ãlvarez; a conselleira de Pesca e Asuntos MarÃtimos, Carmen Gallego Calvar; e o presidente da Plataforma Tecnolóxica Galega de Acuicultura (PTXGA) en funcións, Enrique Corrales, presentaron en Santiago de Compostela a nova Plataforma Tecnolóxica Galega de Acuicultura e a súa Axenda Estratéxica de Investigación. Esta Plataforma nace para ser un lugar de encontro entre o sector económico, a investigación e as administracións no ámbito da acuicultura e motor do desenvolvemento do sector, onde Galiza é lÃder estatal e un dos principais produtores europeos.
A primeira Axenda Estratéxica de Investigación presentada pola Plataforma do sector acuÃcola para os vindeiros anos marca seis liñas principais de actuación no ámbito da I+D+i que fan referencia á nutrición, a patoloxÃa, a xenética, o medio ambiente, a seguridade alimentaria e o deseño das instalacións de acuicultura. A finalidade destas distintas liñas céntrase en mellorar os ratios de produtividade do sector investigando para diminuÃr os riscos e aumentar o control das patoloxÃas. Ademais, búscanse sistemas de xestión da produción máis automatizados e sustentables, onde a calidade e a seguridade alimentaria de cara ao consumidor sexa máxima e estea garantida.
Durante o acto de presentación, Fernando X. Blanco salientou que no momento actual Galiza sitúase nunha posición de liderado respecto ao conxunto do Estado, como asà o avalan os seus datos de volume de produción e nivel de emprego. Con 317.000 toneladas de produto xérase un volume de negocio que chega aos 200 millóns de euros e máis de 5.000
empregos directos en 100 empresas.
“Tendo unha posición tan salientable nestes intres, o futuro do sector acuÃcola en Galiza debe aspirar a seguir medrando e consolidándose. No actual contexto, a pesca extractiva non pode satisfacer a crecente demanda de produtos do mar e, en consecuencia, a acuicultura dispón dun espazo para crecer. Nese senso, o labor da Plataforma Tecnolóxica Galega de Acuicultura é un paso máis para poder aproveitar esa oportunidade” salientou o conselleiro de Innovación e Industria.
Pola súa banda, a conselleira de Pesca, Carmen Gallego, sinalou que o crecemento da acuicultura está estreitamente vencellado á investigación máis punteira e, por iso, a ConsellerÃa investiu en 2007 máis de 1,6 millóns de euros nos diferentes proxectos e liñas de investigación no eido da acuicultura mariña en Galicia. Esto significa que se incrementaron nun 50 por cento os fondos propios destinados a este tipo de investigación, segundo manifestou a responsable da Administración pesqueira galega.
Gallego tamén puxo en valor que na actualidade o seu departamento ten vixentes 18 convenios de colaboración con outras entidades de investigación e que a nosa comunidade autónoma liderou o ano pasado o reparto dos fondos correspondentes aos plans nacionais de acuicultura con unha partida próxima aos 750.000 euros. Ademais, a Conselleira de Pesca defendeu que o futuro da acuicultura pasa polo desenvolvemento tecnolóxico, a diversificación de especies e as prácticas sustentables, ao tempo que destacou que o Plan Galego de Acuicultura aposta por que Galicia manteña o liderato mundial na produción de peixes planos compatibilizándoo co respecto ao medio ambiente.
A Plataforma Tecnolóxica Galega de Acuicultura é unha das primeiras Plataformas financiadas desde a ConsellarÃa de Innovación e Industria, que achegou preto de 200.000 euros para a súa creación e consolidación. Na actualidade conta con 26 entidades participantes, que abarcan todo o espectro do sector, dende as 3 universidades, o centro tecnolóxico e os centros de investigación existentes, até as asociacións e o sector empresarial, do que están presentes todas as empresas acuÃcolas de Galiza, auténticas destinatarias desta estrutura de cooperación.
Os obxectivos xerais que persegue a Plataforma da Acuicultura dende a súa creación son converterse nun foro multidisciplinar no seu ámbito; fomentar e mellorar a relación industria / investigación; crear consorcios de investigación para competir mediante proxectos de interese estratéxico; contribuÃr a mellorar a cooperación en investigación entre as nosas entidades asà como a nivel internacional; estimular o investimento tanto público como privado do sector en I+D+I; achegar os investigadores e investigadoras á industria acuÃcola para realizar traballos aplicables na mesma; promover oportunidades laborais cualificadas no sector, en especial, en postos relacionados coa I+D+; e ser un medio para xerar recursos e propoñer modelos de negocio sustentables.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.