O director-xerente da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, Xesús Pereira, e a presidenta da Federación Galega de Turismo Rural, Marisol Lorenzo, asinaron en Santiago un acordo de colaboración ao obxecto de buscar novas vías de comercialización do Turismo Rural de Galiza.
Por este acordo, Fegatur comprométese, entre outras accións, a elaborar novas propostas de paquetes turísticos para o Turismo Rural, así como un estudo de comercialización nos mercados estranxeiros –Alemaña, Francia, Italia, Portugal e Gran Bretaña– e deseñar estratexias de promoción específicas nestes mercados.
Ademais, Fegatur comprométese a cooperar coas outras asociacións do sector na realización de promocións e accións conxuntas a prol do Turismo Rural de Galiza, unificando as estratexias de promoción das asociacións a fin de conseguir unha maior rendibilidade e eficacia das mesmas
Novas tecnoloxías
Por outra parte, a federación de asociacións de Turismo Rural de Galiza comprométese a desenvolver un estudo referente ao emprego das novas tecnoloxías da información no ámbito da comercialización de aloxamentos rurais on line, así como á formación dos empresarios asociados nestas materias.
Pola súa parte, Turgalicia comprométese a achegar a cantidade de 40.000 euros para o desenvolvemento destas accións.
Ademais, Turgalicia comprométese a colaborar con Fegatur no deseño e execucións das accións previstas neste acordo, accións que serán dirixidas pola sociedade pública de promoción turística de Galiza.
El Puerto de Vigo será base, a partir del primer trimestre del año 2009, del primer buque anticontaminación que la Agencia Europea de Seguridad Marítima (EMSA) ubicará en Galicia, y su adaptación contará con una inversión de 3,5 millones de euros, según anunció Bernd Bluhm, responsable del área de preparación y respuesta anticontaminación.
El trabajo Una familia gallega y un océano de por medio. Vínculos y experiencias a través de la memoria fotográfica y epistolar (c.1894-1972), del que es autora Maria Liliana da Orden, ha resultado ganador de la VII edición del premio de ensayo Manuel Murguía, convocado por la Diputación de A Coruña.

