
A Conselleira de Pesca e Asuntos MarÃtimos, Carmen Gallego Calvar, mantivo en San Caetano unha xuntanza de traballo co Alcalde de Nigrán, Efrén Juanes RodrÃguez, e co Concelleiro de Urbanismo deste municipio pontevedrés, Juan González. Entre os temas que se abordaron no encontro destacan a instalación dunha cámara frigorÃfica no porto de Panxón, asà como o apoio da Administración pesqueira galega á reforma da praza de abastos e á ampliación do dique de abrigo.
Deste xeito, Carmen Gallego trasladoulle ao rexedor de Nigrán que o seu departamento, a través das partidas recollidas nos orzamentos da ConsellerÃa de Pesca para o Plan de Infraestruturas Portuarias, procederá a instalar unha cámara frigorÃfica no porto de Panxón co obxectivo de que lle dea servizo ás aproximadamente 50 embarcacións que traballan na zona.
Ademais, a responsable da Administración pesqueira galega comprometeuse con Efrén Juanes a apoiar ao Concello ante o ente Portos de Galicia, dependente da ConsellerÃa de PolÃtica Territorial, na ampliación do dique de abrigo do porto de Panxón. Outra das cuestións tratadas na reunión foi a futura reforma da praza de abastos, que se está poñendo en marcha. Neste punto, a Conselleira trasladoulle ao Alcalde a colaboración do seu departamento para ese proxecto que se acometerá en breve.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.