Notas de prensa

A Biblioteca Provincial de Lugo rexistrou 31.479 usuarios en abril

31.479 usuarios tivo a Biblioteca Pública Provincial de Lugo (Biblioteca Nodal), no decurso do pasado mes de abril.

5.800 utilizaron o servicio de publicacións periódicas oficiais; 4.443 accederon á Hemeroteca; 4.268 á Sala de Referencia (Grandes obras, non prestables); 6.214 á Sala de Préstamo de Adultos; 3.925 á Sala Infantil-Xuvenil; 1.869 efectuaron consultas sobre administración e funcionamento do centro e 4.960 utilizaron o acceso gratuíto a Internet (4.589 adultos e 371 nenos/as).

20.181 obras foron solicitadas en préstamo, das que 2.810 corresponderon a préstamo en sala e 17.371 a préstamo a domicilio.

En canto a préstamo en Sala, 520 corresponderon á Hemeroteca, 670
á Sala de Referencia (432 en castelán e 238 en galego), e 1.620 a Sala Infantil-Xuvenil (1.093 en castelán e 527 en galego).

Con respecto ás obras retiradas en préstamo a domicilio, 12.226
corresponderon á Sala de Préstamo-Adultos, máis 967 renovacións; e 4.069 á Sala Infantil-Xuvenil máis 109 renovacións.

Titulos máis solicitados por orde de preferencia

Fondo Bibliográfico en galego

1.- O LAPIS DO CARPINTEIRO (Manuel Rivas)
2.- OS DOUS DE SEMPRE (Alfonso R. Castelao)
3.- A ESMORGA ( Eduardo Blanco Amor)
4.- A LAGOA (Pepe Carreiro)
5.- COCORICO (Marisa Núñez)

Fondo Bibliográfico Adultos

1.- DAMA DE HONOR (Kathryn Caskie)
2.- HISTORIAS NEGRAS ( Jordi Bernet)
3.- EL ARDOR DE LA SANGRE (Iréne Némirovsky)
4.- LA SOMBRA DEL VIENTO (Carlos Ruiz Zafón)
5.- IDEA FORJA (Anna García Pascual)

Fondo Bibliográfico Infantil

1.- EL FANTASMA DEL METRO (Geronimo Stilton)
2.- EL HECHIZO FANTASMA (Knister)
3.- DON PUPAS (Roger Hargreaves)
4.- TOMÃS, EL GAFE (André Franquin)
5.- DE CAMINO A LA ESCUELA (Anne Bouin)

Delegación Provincial da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, 2008-05-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES