
O vicepresidente da Deputación, Antón Bao, presentou os orzamentos correspondentes ás Ãreas Gobernadas polo BNG na Deputación de Lugo para o ano 2008. Durante a presentación, na que tamén participaron o presidente da entidade, Gómez Besteiro, e a deputada delegada de facenda e economÃa Rexina PolÃn, Antón Bao resaltou o cambio na filosofÃa dos orzamentos das áreas de Cultura, Deportes, Benestar Social e Turismo respecto a etapas anteriores da Deputación. Bao salientou o carácter participativo dos orzamentos destas áreas poñendo de manifesto os múltiples contactos mantidos co tecido asociativo. Segundo vicepresidente Antón Bao “estes orzamentos foron elaborados por e para a xente” con esta afirmación Bao fixo referencia á grande responsabilidade social que soportan as áreas nas que o BNG ten responsabilidades de goberno na Deputación de Lugo.
Antón Bao destacou o protagonismo que os concellos van a ter a través da execución destes orzamentos. Este apoio materializarase coidando de xeito especial as actuacións a desenvolver naqueles concellos con menores posibilidades económicas, atendendo ás caracterÃsticas xeoeconómicas e sociais especÃficas de cada un deles. Bao lembrou, tamén, o papel que a Deputación debe de xogar dentro das polÃticas globais que se deseñan, para o paÃs, desde a Xunta de Galiza. A Deputación apoiará, tamén, o campus de Lugo como motor do desenvolvemento cultural e educativo fundamental para o futuro de Lugo.
Na presentación dos orzamentos Antón Bao sinalou que haberá proxectos concretos para levar a cabo desde as áreas de Benestar, Cultura, Deporte e Turismo que se ven plasmados nunha liña orzamentaria propia. Estes orzamentos será o xerme de unha polÃtica programada para catro anos nos que a Deputación porase ao servizo dos concellos e do asociacionismo para recuperar, potenciar e situar no século XXI ás diferentes comarcas de Lugo no lugar que lles corresponde.
OS ORZAMENTOS CONTEMPLAN 335.000 PARA A UNED
O vicepresidente da Deputación, Antón Bao, resaltou que a posta en marcha dun centro asociado da UNED en Lugo foi unha aposta polÃtica que se materializou de xeito inmediato tras a chegada do BNG ao goberno da Deputación. A apertura do centro da UNED en Lugo era unha reivindicación histórica dos máis de 1000 alunos e alunas que se vÃan obrigados a cursar os seus estudos noutros centros por mor da falta de entendemento entre as diferentes administracións. Antón Bao, lembrou que a Ãrea de Cultura contempla nos seus orzamentos para o ano 2008 un total de 335.000 euros para o centro asociado de Lugo e para as tres aulas dependentes da UNED. Ó centro asociado da cidade de Lugo asignaránselle, para o seu funcionamento, 260.000 euros. A Ãrea de Cultura colaborará, tamén, na financiación económica para o mantemento das aulas xa existentes nos concellos de Foz, Viveiro e Monforte que ata hoxe foron costeadas polos propios Concellos.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro alumnos representantes dos colexios, un por cada provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Nesta ocasión, participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia. Concretamente, participaron os colexios Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño (Vila de Cruces), que presentaron e debateron as súas propostas para facer da sociedade un lugar mellor onde medrar.
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.