Notas de prensa

Liste, pronunciado Líster, seleccionado para o catálogo Docs Galicia 2008

O documental da catedrática de Comunicación Audiovisual Margarita Ledo é un dos catro proxectos escollidos -dos dez presentados- que aglutinan, por unha banda, o produto televisivo e, por outra, o produto de festival.

O 14 de marzo comezaba o seu camiño a segunda edición do Programa Docs Galicia coa publicación da súa convocatoria no Diario Oficial de Galicia, e o 30 de abril reuniuse a comisión de selección que, logo dun debate no que se avaliaron todas as obras documentais inscritas, decidiu por unanimidade os documentais que van formar parte do catálogo DOCS GALICIA 08.

Nesta ocasión, presentáronse máis de 10 documentais, dos que finalmente 4 resultaron afortunados:

1) Liste, pronunciado Líster de Nós, Productora Cinematográfica Galega
2) Barreiros, motor humano de La Región, S.A.
3) Kalapattar, aos pés do monte Everest de Ficción Producciones
4) Manuel e Elisa de Tic Tac Producciones

Na reunión, os membros da comisión salientaron o elevado nivel técnico dos proxectos presentados, que en cada edición é mellor.

Con esta selección, o Consorcio Audiovisual de Galicia pretende abranguer as distintas “fiestras” do mercado audiovisual.

Para levar a cabo a difusión no resto do Estado e internacionalmente do programa elaborarase un catálogo que conterá dous DVDs que presentarán as obras en versión orixinal con subtítulos en castelán, inglés e francés. Ademais dos DVDs tamén se achegará unha ficha individual para cada documental que incluirá ficha técnica, sinopse e biofilmografía do director en galego, castelán, inglés e francés.

Cabe salientar que este ano a práctica totalidade dos proxectos presentados tiñan como lingua orixinal o galego, polo que nesta ocasión a nosa lingua viaxará máis alá das nosas fronteiras.

Nesta edición as produtoras dos documentais seleccionados recibirán unha axuda para a promoción e difusión en mercados e festivais nacionais e internacionais dos seus documentais, cun importe máximo de 4.500 euros.

Ao igual que na primeira edición de Docs Galicia, esta segunda difundirase nos festivais de documentais máis importantes do resto de Estado e tamén nos internacionais (Europa e América fundamentalmente). Así mesmo, e atendendo a vertente cultural deste programa, o catálogo se fará chegar a máis de cincuenta medios de comunicación e institucións culturais (centros educativos, institucións e organismos galegos, filmotecas e institucións estatais con sede no Estado español e internacionalmente) ademais de atender todas as peticións que do mesmo se reciban.

A comisión estivo conformada por tres expertos do sector, Elena Mera Dios, actualmente responsable de vendas de Plural Entertainment e cuxa traxectoria profesional no ámbito da distribución vai para 12 anos, traballando o xénero documental en distintas empresas os últimos sete. Así mesmo, participa como conferenciante experta en distintas xornadas informativas do eido audiovisual en Galicia, Andalucía e Madrid e compaxina o seu labor de distribución co de docente na Escuela TAI de Madrid impartindo un dos módulos do Curso de Cine e Documental; Diego Más Trelles, cuxa vinculación co audiovisual abrangue a produción e a dirección, a presentación de programas de televisión como Documenta2, ademais de ser membro do European Documentary Network e xurado de distintos festivais de documentais e ex-presidente de Docu Madrid e finalmente, Ãngel Sánchez, que leva anos dedicándose á produción de eventos no ámbito da publicidade e no audiovisual, ademais de traballar no mundo da televisión e desde hai catro anos é co-director do Festival Internacional de Documentais de Tui, Play-Doc, o cal vai a máis ano tras ano.

Tanto Elena Mera como Diego Más Trelles repetiron a súa colaboración co Consorcio como membros da comisión do Programa Docs Galicia e a incorporación de Ãngel Sánchez responde á intención do Consorcio de incrementar a colaboración con este festival galego de documentais.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2008-05-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES