
A SecretarÃa Xeral de Comunicación vai conformar un grupo de expertos co obxectivo de que fagan as súas achegas ao borrador de reforma da Lei de Creación da CompañÃa de Radio Televisión de Galicia, co propósito de elaborar un texto que poida ser presentado este ano, tal e como comprometeu o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.
O Grupo de Expertos deberá realizar as súas achegas a un proxecto de lei que permita poñer ao dÃa a radio e a televisión de Galicia e axeitar a súa configuración ás novas demandas.
O Goberno galego pretende un cambio fondo nos estatutos e na concepción da radio e televisión pública de Galicia. AsÃ, a reforma en curso prevé abordar, entre outras cuestións, a nova configuración xurÃdica do ente público, asà como dos seus órganos de dirección e o seu sistema de financiamento.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.