
Expertos e investigadores de dezasete Universidades españolas participan en Santiago no I Simposio Nacional sobre Educación Intercultural, no que están a presentar e debater proxectos e propostas sobre investigación e desenvolvemento neste eido do saber pedagóxico. Esta discusión formúlase, afirman os organizadores, cando se “multiplican” os desafÃos que conleva a busca de éxito escolar nunha sociedade “que medra en diversidade cultural”.
Patrocinado polo Centro de Investigación e Documentación Educativa do Ministerio de Educación e organizado polo Grupo ESCULCA da USC, o propósito principal do evento é a construción de sinerxÃas entre grupos con acreditada traxectoria investigadora en educación intercultural, a fin de procurar unha máis efectiva transferencia do coñecemento á escola e a outras instancias formativas. Os investigadores están a avaliar ademais as condicións polas que os programas de educación intercultural poden contribuÃr á mellora xeral da equidade e do sistema educativo.
Xa na parte final do simposio, a correspondente á sesión de hoxe venres, os participantes someterán a debate e resolución a creación dunha Rede Nacional de Investigadores en Educación Intercultural, coa que se iniciarÃa o camiño para a realización de proxectos conxuntos tanto nacionais como internacionais.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.