Notas de prensa

Falece Xan Bouzada tras unha longa enfermidade

Xan Bouzada Fernández, membro do consello de Redacción de GRIAL e director do Instituto Galego de Estudos Comunitarios da Fundación Isla Couto faleceu o 5 de maio, como consecuencia dunha longa enfermidade.

Bouzada, nado en Lugo o 1 de decembro de 1951, era doutor en Socioloxía e profesor titular do Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e Filosofía da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo.

Incorporouse á redacción de GRIAL en 1989, na etapa que dirixiu Carlos Casares, e á que pertenceu ata hoxe. Ao longo destes case vinte anos, participou activamente nos labores da revista con numerosas colaboracións, encargándose, ademais, da coordinación dos monográficos "Os dilemas da acción cultural" (número 130, 1996), "Sobre a sociedade da cultura" (149, 2001), "Demografía galega, un devalo imparable?" (162, 2004), "Espazos da cultura" (168, 2005). Nestes días distribuíuse o último número (177, 2008), onde coordinou a sección "Desafíos da educación".

Autor e editor de máis dunha vintena de libros sobre socioloxía da cultura, políticas culturais, sociolingüística e desenvolvemento local e comunitario, entre os que se atopan: Mapa cultural de Galicia: a situación socio-cultural dos concellos galegos (Xunta de Galicia, 1991), Políticas culturales y sociedad democrática (Asociación Española de Sociología de la Cultura y de las Artes, 1999), Cultura e concellos. As estratexias de promoción cultural no ámbito local (Consello da Cultura Galega, 2000), O proceso de normalización do idioma galego (3 vol., 2002-2003), Cultura e participación (Consello da Cultura Galega, 2003) e Cultura e novas tecnoloxías (Consello da Cultura Galega, 2006).

En Galaxia publicou Redes sociais e conxuntos de acción (1996), O desenvolvemento comunitario local (1999) e Familia e comunidade: a familia como actor nos procesos de desenvolvemento local (2001).

Ademais de membro da International Sociological Asociation e da Asociación Galega de Socioloxía, entre 1994 e 1998 foi presidente da Asociación Española de Sociología de las Artes y la Cultura (AESCA).

Déixanos Xan Bouzada en plena madureza intelectual e profesional, con varios proxectos inacabados e unha fonda pegada en cantos o coñecemos polo seu intenso e infatigable compromiso coa lingua e a cultura de Galicia, á que dedicou o mellor das súas angueiras.

Editorial Galaxia, 2008-05-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (letras_gallegas_padron_08.jpg) En el acto de homenaje a Xosé María Álvarez Blázquez en Padrón, Pérez Touriño propuso "convivencia" para las lenguas que, al igual que los ciudadanos que las usan "no deben limitarse a coexistir, sino que tienen que convivir", lo que "implica compartir espacios en libertad e igualdad". Considera que cualquier intento de escindir a la ciudadanía por causa de lengua es "en vano, estéril y está condenado al fracaso".
Foto de la tercera plana (curso_de_doblaje.jpg) Las voces en gallego de Meryl Streep, Woody Allen, Tom Hanks, Gene Kelly o John Malkovich se reciclan en el taller de doblaje y lengua promovido por el Consorcio Audiovisual de Galicia. En los más de 20 años de historia de la CRTVG se ha considerado el doblaje como un elemento normalizador y normativizador esencial.

Notas

s conselleiras de Educación e Ordenación Universitaria e de Pesca e Asuntos Marítimos asinaron un convenio para a realización de obras de acondicionamento da biblioteca e das pistas deportivas.
Convocado pola Casa da Xuventude e a Agrupación de Libreiros de Ourense, o galardón premia a obra Catro esquinas con 800 euros e a publicación do relato que evoca o pasado, presente e futuro feliz ou atormentado de varias personaxes.

Editorial

Maio festeiro: Coinciden nesta fin de semana dúas festas importantes para Galicia. Unha, a ...
BUSCADOR


Rueda
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
AGENDA
Agenda de Galicia Digital Rueda
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información