
LalÃn convértese os dÃas 19, 20 e 21 de maio en centro neurálxico e en foro de reflexión de cara definir e abordar a reestruturación do modelo territorial de Galicia. Será grazas ao encontro A reforma da administración territorial: cara uns concellos eficientes e viables que, organizado conxuntamente pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) e co Concello de LalÃn, se desenvolverá na Aula da UNED lalinense, sita no Parque Empresarial 2000.
Asà o anunciaron o alcalde de LalÃn, José Crespo; o director da UIMP en Galicia, José Luis Barreiro Rivas, e o director do curso e profesor de XeografÃa da Universidade de Santiago, Román RodrÃguez González, no transcurso da presentación deste encontro, co que a UIMP inicia os cursos de verán deste ano, un total de 31, que se desenvolverán en toda Galicia.
O alcalde de LalÃn agradeceu “á UIMP, e de xeito especial a Xosé Luis Barreiro Rivas, o apoio brindado, xa que se prestou a financiar o 100% do custo do curso desde un principio, e se comprometeu a iniciar en LalÃn os cursos de verán”.
Neste seminario poden participar alumnos das tres universidades galegas. Terá un valor académico de 20 horas e estará recoñecido en créditos de libre configuración. A inscrición pode realizarse a través dos teléfonos 981 140 790 ou 981 140 830.
Neste seminario participarán poñentes con probada experiencia no eido da administración (central, autonómica e local), asà como destacados estudosos do tema tanto galegos como doutras comunidades.
Da comezo ás 11.00 horas do luns 19 de maio coa inauguración a cargo do alcalde de LalÃn, José Crespo; do director da UIMP en Galicia, José Luis Barreiro Rivas; e do presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Carlos Antonio Fernández Castro.
A continuación, o catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de A Coruña, José Luis Meilán Gil, ofrecerá a conferencia inaugural baixo o tÃtulo “Municipios e estruturas polÃticas”. A xeira reanudarase ás 17.00 da tarde co relatorio “O municipio como marco relacional”, do subdirector xeral de Función Pública Local do Ministerio de Administración Públicas, Enrique Orduña Prada.
Esta xornada rematará cunha mesa redonda sobre a “Visión do mundo local galego” na que participarán os alcaldes de Pontecaldelas, Perfecto RodrÃguez MuÃños; de Zas, Manuel MuÃño EspasandÃn; de Lugo, José Clemente López Orozco, e co vicepresidente da Deputación de Ourense, Rogelio MartÃnez González, que estará moderada polo secretario xeral do Concello de LalÃn, César López Arribas.
A seguinte xornada, o 20 de maio, participarán persoeiros destacados da cultura e a polÃtica, como o catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de León, Francisco Sosa Wagner, o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda Valenzuela; o alcalde de Culleredo en representación do PSdeG-PSOE, Julio Sacristán de Diego, e o deputado autonómico do BNG, Pablo González Mariñas.
O último dÃa do seminario, Antonio Cândido Macedo Oliveira, profesor do departamento de Ciencias XurÃdicas da Universidade de Minho, expoñerá como se desenvolve “O marco administrativo local en Portugal”. A continuación, importantes estudosos galegos do tema como Roberto Blanco Valdés, Xabier Ferreira e Luis Caramés Vieitez ofrecerán a súa visión acerca sobre unha posible reforma da administración territorial en Galicia.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.