Titulada O léxico da vaca: nomes baseados no fÃsico, unha tese da USC recolle máis de 1.100 palabras empregadas en Galicia para designar as partes dunha vaca. O traballo, que se defende este martes na Facultade de FiloloxÃa, realizouno o doutorando do Departamento de FiloloxÃa Galega, Xosé Afonso Ãlvarez Pérez, e dirixiuno o profesor Manuel González.
Ademais de ofrecer a distribución xeográfica do léxico, a investigación mostra individualmente cada unha das formas dende diferentes perspectivas ofrecendo unha análise morfolóxica, etimoloxÃa, primeiras documentacións, tratamento lexicográfico ou vitalidade na literatura.
Deste xeito, Xosé Afonso Ãlvarez estudou a posible orixe de moitas das palabras como, por exemplo ‘cuxoÂ’. Esta serve para denominar a crÃa da vaca e “poderÃa ter sido creada a partir dunha voz de chamada ou polo ruÃdo de succión do animal”. O novo investigador tamén destaca a “abraiante” cantidade de léxico como “forca, gadaña e picaña” que, ademais de designar apeiros de labranza, serven para referirse aos cornos da vaca segundo a súa forma.
Sobre a distribución xeográfica do léxico, Xosé Afonso Ãlvarez explica que, segundo a palabra, existe un uso concreto nun lugar ou ben emprégase en toda Galicia. ‘BecerroÂ’ serÃa un caso paradigmático de utilización xeral e ‘cuxoÂ’ da local.
O principal material empregado na tese é o inédito do Atlas LingüÃstico de Galicia recollido entre 1974 e 1977 e que abarcou todo o territorio administrativo galego e quince puntos de zonas limÃtrofes. Para completar esta rede, tamén contou con 216 enquisas realizadas entre marzo e abril de 1969.
Xosé Afonso Ãlvarez non recolleu información polo abundante material xa existente sobre a cuestión e porque, ata hai pouco, a vaca estaba presente en case todas as casas. Non obstante, actualmente, a progresiva mecanización do campo, as novas polÃticas agrarias ou o despoboamento rural causaron a desaparición dun enorme número de reses no eido familiar e, como consecuencia, de gran parte do léxico da vaca.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.